A hiperonimia e a hiponimia son relacións semánticas entre un termo pertencente a un conxunto que está definido por outro termo e este último. Explicado doutro modo, é a relación dunha palabra cun sentido amplo (hiperónimo) con outras do mesmo campo semántico, pero cun sentido máis específico (hipónimos). Por exemplo, a palabra "flor" é o hiperónimo relacionado cos termos que fan referencia a todos os tipos de flores: "rosa", "dalia" etc, e "observar", "examinar" ou "mirar" son hipónimos de "ver".
Hiperónimo e hipónimo son dous termos utilizados pola semántica moderna. Son elementos importantes na cohesión do texto, evitando as repeticións mediante a retomada de ideas previas.
Terminoloxía Etimoloxía A palabra "hiperónimo" deriva do grego antigo "hyper" (ὑπέρ), e este da raíz indoeuropea *uper que ten unha variante radical s*uper, que dá super en latín e significa "sobre" ou "acima de", e "ónoma" (ὄνομα), que significa "nome". Por conseguinte, "hiperónimo" pode ser entendido como "nome sobre" ou "nome que está por encima".
A palabra "hipónimo" tamén se deriva do grego. "Hypo" (ὑπό) significa "debaixo de" ou "inferior a", e "ónoma" (ὄνομα) significa "nome", e vincúlase coa raíz indoeuropea *upo, que deu o prefixo latino sub e de aí a preposición galega so. Polo tanto, "hipónimo" pode ser interpretado como "nome de baixo" ou "nome que está por baixo".
Termo noutras linguas
En galego reintegrado, portugués europeo e castelán úsanse os mesmos termos usados no galego normativo. En portugués do Brasil as formas son hiperônimo e hipônimo. Sendo un termo incorporado á lingüística no século XX, ten a mesma etimoloxía, concepto e significados noutras linguas: en catalán Hiperònim i hipònim; en inglés hypernym and hyponym, en francés hyperonyme et hyponyme; en italiano iperonimo e iponimo ; en alemán Hyperonym und Hyponym etc.
Exemplos A primeira palabra é o hiperónimo, xa que contén o significado máis amplo do termo. As outras palabras asociadas con el son os hipónimos, xa que están vinculados á idea xeral do hiperónimo.
animal: mamífero informática: computador medio de transporte: autobús vivenda: apartamento profesión: dereito enfermidade: gripe Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sinónimo Antónimo Cohipónimo e cohiperónimo Relación de inclusión Campo semántico
Categoría:Lexicoloxía Categoría:Semántica Categoría:Lingüística