A Tomares ballus é unha bolboreta da familia dos licénidos. Distribúese por zonas cálidas do Mediterráneo, incluíndo Marrocos, Alxeria, Tunes, Libia, Exipto, Portugal, España e sur de Francia. Trátase dunha especie sen ningunha protección, escasa ou común nalgunhas áreas concretas.Revista Danaus.
Distribución Na zona africana, as poboacións de Marrocos sitúanse no Anti-Atlas, en Alxeria atópase en El-Kantara e en Tunes en Hammamet, entre o nivel do mar e os 1700 metros. En Europa as poboacións son moi dispersas e só se pode atopar ao sur da cordilleira cantábrica, no centro, sur e leste da Península Ibérica (esquivando o clima atlántico) e a costa mediterránea francesa, entre os 300 e os 1300 metros de altitude.Tolman Ausente nas Illas Baleares e Andorra.Tolman Parece que pode haber fortes oscilacións no número de exemplares dunha poboación dunha tempada a outra, as causas das cales son descoñecidas.
Morfoloxía
Imago envergadura de entre 22 e 30 mm.J. González Fernández, 27-11-2011. Hai variacións na coloración en función do sexo. Anverso marrón escuro nos machos; en cambio, nas femias predomina o laranxa nas as anteriores, onde o marrón queda reducido do extremo alar até a submarxe, e é abundante nas posteriores, nas cales esta cor vai do extremo até a zona posdiscal. Reverso, moi similar entre sexos, laranxa e marrón (rodeando as ás, ás marxes, submarxes e ápice) con puntos negros nas ás anteriores e verde con puntos e marxes e submarxes marróns nas posteriores; fímbries brancas. A diferenza doutras especies da familia non teñen ningunha tonalidade azul. Ademais, o seu verde é moi característico, a pesar de que en toda a familia tamén está presente a Callophrys rubi e Callophrys avis.
Eiruga Até os 12 mm de lonxitude. Robusta e con pilosidade curta, ten a típica forma larval da familia. Cando nacen, son rosadas e teñen un pequeno "escudo" negro no primeiro segmento. Polimórfica, no último estadio normalmente é laranxa ou vermella con pequenas manchas amarelas que se distribúen en dúas franxas dorsais e dúas laterais.Revista Danaus. Cando se dispoñen a pupar, a súa cor cambia cara a tonalidades amareladas.Revista Danaus.
Pupa Caracterízase pola súa forma achaparrada, e pola coloración marrón avermellada.Revista Danaus.
Ovo Dun diámetro aproximado de 0,5 mm.D. Jordano, J. Fernández Haeger & J. Rodríguez González, 1989. Son azul verdosos esféricos, con estrías visibles con lupa. Vólvense gris escuro, de coloración parecida ao grafito, cando se aproxima a eclosión da eiruga.Revista Danaus.
Hábitat Prefire vivir en zonas abertas, prados secos de herba baixa, tamén un pouco nitrificadas.Cecilia Montiel Pantoja, 20-05-2010. Tolman As eirugas aliméntanse, en xeral, de froitos de Medicago, Astragalus, Lotos, Anthyllis, Dorycnium e Trifolium.Granada Natural, 21-03-2008. Por rexións, ao sur de Portugal de Dorycnium hirsutum; ao sur de España de Medicago littoralis, Medicago truncatula, Medicago minima, Medicago polymorpha, Astragalus lusitanicus, Trfifolium cherleri e Ornithopus compresus; ao sur de Francia de Medicago lupulina e ao norte de África de Medicago turbinata, Loto hispidus e Anthyllis tetraphylla.Tolman
Período de voo Só unha xeración ao ano. En rexións máis cálidas os primeiros individuos obsérvanse a partir de febreiro (ás veces de xaneiro) até maio.Tolman Hiberna como pupa, crese, no interior dos niños de formigas, posto que criadas en catividade á hora de pupar móstranse inquietas e acaban morrendo.J. González Fernández, 27-11-2011. Tolman Agora ben, outros afirman que o fai protexida baixo as pedras. Pode permanecer neste estado máis dunha tempada.D. Jordano, J. Fernández Haeger & J. Rodríguez González, 1989.
Ecoloxía A femia pon os ovos de maneira individual e en diferentes plantas, sobre as súas flores ou preto destas. A incubación dura uns 10 días.Granada Natural, 21-03-2008. Dependendo da planta nutricia, pódese desenvolver máis dunha eiruga nunha mesma vaíña.D. Jordano, J. Fernández Haeger & J. Rodríguez González, 1989.
Ao longo da súa fase larval muda catro veces, o que equivale a un total de cinco estadios larvais. Permanece en estadio de pupa durante un mínimo de nove meses.Jordano Críase que tiñan costumes caníbales, a pesar de que actualmente dubídase deste feito.J. González Fernández, 27-11-2011. TolmanRevista Danaus.
Como a maioría de licénidos, as eirugas son mirmecófilias: asócianse con formigas como Plagiolepis pygmaea, Tapinoma nigerrimum, Crematogaster auberti e Crematogaster sordidula, aínda que se especula que a súa relación pode ser facultativa (opcional).Cecilia Montiel Pantoja, 20-05-2010. TolmanRevista Danaus.
Son atacadas por parasitoides, himenópteros bracónidos, do xénero Cotesia, especialmente Cotesia astrarches e Cotesia inducta. Estes matan a eiruga nun período de entre 4 e 7 días (tempo no cal perde case o 50% do seu peso).Revista Danaus. A pesar de vivir dentro das vaíñas, exponse ao perigo de ser parasitada cando se desprazan dunha vaíña até outra.D. Jordano, J. Fernández Haeger & J. Rodríguez González, 1989.
Nalgúns ecosistemas entra en forte competencia polo alimento con outras especies de licénidos tales como Lampides boeticus e Leptotes pirithous, froitos das plantas das cales tamén se alimenta Tomares ballus.Revista Danaus.
Un tema de certa controversia é a pupación. En catividade as eirugas que se achegan á nova fase do ciclo vital dan voltas durante uns 2 días, chegando a perder até o 30% do seu peso. Á parte da hipótese da pupación nos niños de formigas, crese que isto podería ser unha táctica de dispersión para evitar problemáticas, por exemplo, cos incendios.Jordano
Pola mañá, despois de noites frías e xeadas, observáronse adultos pousando lateralmente coas ás pechadas sobre as rochas que se empezan a quentar; orientan as ás de forma que queden perpendiculares aos raios solares e vanas axustando dependente da situación do sol.Tolman Os machos son territoriais e defenden constantemente o seu territorio buscando femias ata que se paran nos seus lugares habituais, desde onde observan o territorio, mentres que as femias voan máis pausadamente buscando alimento.Cecilia Montiel Pantoja, 20-05-2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Moths and Butterflies of Europe and North Africa (inglés) Insectarium Virtual European Butterflies (inglés) Granada Natural Mirada Natural Asturnatura Mariposas del Bergadá (catalán)
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1787