Buu Nygren, nado o 25 de decembro de 1986, é o 10º Presidente da Nación Navagho. Nygren-Montoya recibiu 34 890 votos, derrotando a Jonathan Nez, que recibiu 31 339 votos nas eleccións de 2022. Xurou o seu cargo o 10 de xaneiro de 2023.

Traxectoria Nygren naceu o 25 de decembro de 1986 en Blanding, Utah. A súa nai é navagho, e o seu pai é de ascendencia vietnamita. Nygren pertence ao clan Táchiiʼnii. Porén, non ten clan paterno xa que o seu pai non era navagho. Polo tanto, dise que "naceu dos vietnamitas" cando se nomean os seus clans. Asistiu ao Instituto Red Mesa. Nygren foi o compañeiro na fórmula presidencial de Joe Shirley Jr. nas eleccións de 2018 á Presidencia da Nación Navagho. Con 35 anos de idade, Nygren converteuse na persoa máis nova en ser elixida como Presidente da Nación Navagho.

Nygren traballou na xestión da construción. Casou coa exrepresentante do estado de Arizona Jasmine Blackwater-Nygren.

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Pobo navagho Categoría:Presidentes da Nación Navagho