Jasmine Blackwater-Nygren, nada como Blackwater en 1995/1996, é unha política navagho que é a Primeira Dama da Nación Navagho dende 2023. Foi representante do 7º distrito lexislativo de Arizona na Cámara de Representantes entre 2021 a 2023, sendo a lexisladora máis nova de Arizona.

Traxectoria

Carreira política Blackwater-Nygren foi nomeada no sétimo distrito lexislativo de Arizona despois de que o demócrata Arlando Teller renunciase para ocupar un cargo no Departamento de Transporte dos Estados Unidos. Non se presentou ás eleccións en 2022.

Vida persoal Blackwater-Nygren é membro da Nación Navagho e casou con Buu Nygren, quen se converteu en Presidente da Nación Navagho o 10 de xaneiro de 2023.

Notas

Categoría:Pobo navagho Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Nados no século XX