O ascensor de Iturribide-Zabalbide é un ascensor situado na cidade de Bilbao.
Historia Inaugurado polo Concello de Bilbao o 15 de maio de 2015, conecta as rúas Iturribide, á altura do número 91, e Zabalbide, á altura do número 43. A súa instalación permitiu mellorar a accesibilidade entre a zona vella e Santutxu, ao salvar unha pendente de 22 graos. O ascensor está inclinado, cunha estética semellante á dun funicular.
A obra enmárcase no Plan Especial de Elementos Mecánicos, xunto con outros catro ascensores en Basurtu, Zorrozgoiti, Otxarkoaga e na Praza do Funicular.
Medios de transporte Como medio de transporte alternativo, xunto ao ascensor están os accesos á estación de Santutxu do metro de Bilbao.
Véxase tamén Outros artigos Ascensores de Txurdinaga-Basarrate Ascensor de Begoña Funicular de Artxanda
Notas
Categoría:Transporte en Bilbao Categoría:Ascensores