miniatura|Vista dun macho de perfil. A Iphiclides feisthamelii é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Papilionidae que se atopa distribuída por España, Portugal, o sur de Francia, Marrocos, Alxeria e Tunisia.
Descrición Trátase dunha especie facilmente reconocible. O seu tamaño oscila entre 35 e 42 mm no bordo da á anterior. As ás dianteiras son de cor branca-amarelada con bandas negras. As posteriores presentan prolongacións en forma de colas, con escamas azul metálico na súa base. As femias son de maior tamaño que os machos e de tonalidades máis amareladas.
Taxonomía Tradicionalmente considerouse á Iphiclides feisthamelii unha subespecie de Iphiclides podalirius (Linnaeus, 1758), aínda que algúns autores defenden o seu status específico. A Iphiclides feisthamelii diferenciaríase exteriormente por ter unha cor máis clara case branca e unha banda submarxinal máis escura e máis ancha nas ás posteriores.«Southern Swallowtail» en Learn about butterflies [en línea]. Consultado o 4 de maio de 2017. Recentes estudos xenéticos (2010) suxiren, con todo, que non habería xustificación suficiente para considerala unha especie diferente.
Ciclo vital Ten dúas ou tres xeracións anuais, dende primavera a finais de verán ou entrado xa o outono. As femias fan postas dun ou dous ovos.
As larvas nacen en poucos días e aliméntanse preferentemente de follas de especies do xénero Prunus: Prunus amygdalus, P. persica, P. insitia ou P. longpipes. Outras plantas nutricias son: Pyrus communis, Malus domesticus e Crataegus oxyacantha.
Hábitat Os piñeirais cun maior grao de naturalización e as carballeiras son hábitats habituais desta especie. Tamén pode ocupar terreos agrícolas abandonados se neles hai presenza das plantas nutricias para esta especie.
Distribución Ocupa o norte de África, a Península Ibérica e o sur de Francia. Aínda que a súa abundancia é variable, non pode ser considerada unha especie rara.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Iphiclides feisthamelii na web Lepidoptera Mundi.
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1832