Deseño común185x185px176x176pxA/: Pegada humana sobre a superficie lunar. Nomes dos programas lunares separados por fases da Lúa. Marcas de deseñador (GC) e de gravador (JFM). Lendas: MERCURY / GEMINI / APOLLO / IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: Detalle da fotografía "Buzz Aldrin na Lúa", na que se ve, reflectido no casco de Aldrin, a Neil Amstrong, a bandeira dos EEUU e o módulo de aluaxe. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM Data: 2019. Deseño: Gary Cooper (A/) e Phebe Hemphill (R/)."Phebe Hemphill". United States Mint. Gravado: Joseph Menna (A/)"Joseph Menna". United States Mint. e Phebe Hemphill (R/).

As moedas conmemorativas do 50 aniversario do Apollo 11 son unha serie numismática emitida en 2019 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do 50 aniversario da primeira aluaxe tripulada polos astronautas do Apollo 11 Neil Armstrong e Buzz Aldrin.

A serie componse dunha moeda de ouro de 5 dólares (media aguia),"Apollo 11 50th Anniversary $5 Gold Coin". United States Mint. senllas moedas dun dólar de prata en dous tamaños diferentes,"Apollo 11 50th Anniversary Silver Dollar Coin". United States Mint."Apollo 11 50th Anniversary Five Ounce Proof Silver Coin". United States Mint. e unha moeda de medio dólar, cuñada en cobre bañado en cuproníquel."Apollo 11 50th Anniversary Clad Half Dollar Coin". United States Mint. Todas elas contan cunha versión con acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— e, coa excepción do dólar de tamaño superior, tamén unha versión estándar. Da cuñaxe das moedas de ouro ocupouse a Ceca de West Point, as de prata foron cuñadas na Ceca de Filadelfia e o medio dólar de metal común produciuse nas cecas de Denver e de San Francisco.

O deseño é común para as catro moedas. O anverso representa unha pegada de bota na superficie lunar, baseada nunha fotografía tomada por Aldrin. O deseño é obra do escultor de Maine Gary Cooper e o gravado correspondeulle a Joseph Menna, gravador xefe da US Mint. Pola súa banda, o reverso, segundo o disposto polo Congreso, representa o visor e o casco circundante do traxe espacial de Aldrin, que reflicte a Armstrong, a bandeira dos EEUU e a aguia do módulo lunar Apollo. Esta imaxe está baseada nunha coñecida fotografía tomada por Armstrong, e foi creada e gravada por Phebe Hemphill, da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Aldrin foi a sétima persoa viva que aparece nunha moeda estadounidense.

As moedas do Apollo 11 teñen forma curva, de xeito que o anverso é cóncavo e o reverso convexo. Antes da data de lanzamento, o 24 de xaneiro de 2019, prevíase que algunha das catro moedas chegase a esgotarse, como ocorrera coa anterior emisión estadounidense de moedas curvas, conmemorativas do Salón Nacional da Fama do Béisbol, en 2014. Mais finalmente non foi así e non se esgotou ningunha delas antes da finalización das vendas o 27 de decembro de 2019. Así e todo, foi o programa de moedas conmemorativas dos Estados Unidos de maior éxito desde a emisión do Salón da Fama do Béisbol, con máis de 600.000 moedas do Apollo 11 vendidas. O dólar de prata máis grande gañou o Premio Moeda do Ano de 2021, para as emisións con data de 2019.

Caracterización

+½ dólar "½ Dollar 50th Anniversary of Apollo 11". Numista.com1 dólar "1 Dollar Apollo 11 50th Anniversary". Numista.com"1 Dollar 50th Anniversary of Apollo 11". Numista.com5 dólares"5 Dollars 50th Anniversary of Apollo 11". Numista.comCecasD e SPWTiraxeOrdinaria41.74859.711012.035Proof181.735224.01068.30834.036AliaxeCu / CuniAg .999Ag .999Au .900Diámetro30,60 mm38,10 mm76,20 mm21,60 mmEspesor3,12 mm6,17 mm11,20 mm3,58 mmPeso11,34 g26,63 g155,51 g8,36 gCantoEstriado

Antecedentes e contexto

miniatura|252x252px|Buzz Aldrin na Lúa, fotografado por Neil Armstrong, visible no reflexo do visor. En 1961, o presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy retou o seu país a enviar un astronauta á Lúa antes da fin da década, cun regreso seguro á Terra."Apollo 11 Mission Overview". NASA.gov"Apollo 11 Launch Pad". Earthobservatory.nasa.gov A axencia espacial estadounidense (NASA), traballou para acadar este obxectivo de xeito gradual, enviando astronautas ao espazo durante o Proxecto Mercury"What Was Project Mercury?". Nasa.gov e o Programa Gemini,"What Was the Gemini Program?". Nasa.gov antes de chegar ao programa Apollo."What Was the Apollo Program?". Nasa.gov A NASA logrou o seu obxectivo co Apollo 11, que aluou o 20 de xullo de 1969. Neil Armstrong e Buzz Aldrin camiñaron sobre a superficie lunar en tanto que Michael Collins orbitaba este satélite da Terra. A misión regresou ao noso planeta o 24 de xullo de 1969, cumprindo así o reto formulado por Kennedy.

Aproximadamente unha hora e media despois de que Armstrong pisase por primeira vez a superficie lunar,Shiner, L. (2019). "Commemorative Coin Throws a Curve at Apollo History". Air & Space Magacine. Febreiro. Smithsonian.. Aldrin realizou o coñecido como "experimento de mecánica do chan con pegadas de bota":Pustynski, V.; Jones, E. M. (2013). "Photogrammetric analysis of Apollo 11 imagery: New camera-station map with improved locations". Apollo 11 Lunar Surface Journal. 16 de decembro. fotografou unha zona intacta da superficie, logo fixo dúas pegadas de bota e fotografounas. Esas dúas pegadas non foron alteradas pola actividade posterior dos astronautas e son visibles en fotografías tomadas desde o módulo lunar Eagle antes da engalaxe. Uns 13 minutos despois de tomar as fotografías das pegadas, cando Armstrong recollera unha mostra de solo da superficie lunar, Aldrin debía fotografar o lugar onde se tomara o material. No canto diso, ofreceulle a cámara a Armstrong, quizais pensando que como Armstrong tomara a mostra, podería facer un mellor uso da cámara. Armstrong fixo oito fotografías antes de que Aldrin volvese utilizar a cámara; a oitava delas considerouse como "unha das fotografías máis famosas da historia:Jones, E. M., ed. (1996). "Mobility and Photography". Apollo 11 Lunar Surface Journal. un retrato de Aldrin, o seu visor solar dourado reflectindo o fotógrafo e o módulo lunar, a bandeira e o horizonte lunar contra un ceo inimaxinablemente negro".

Proposta e percorrido lexislativo As moedas do Apollo 11 foron o resultado dunha idea de Mike Olson, membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda de Iowa, que pensou nesa posibilidade en febreiro de 2014, varios meses antes de que concluíse o seu mandato no comité. Logo de ver novamente a película Apollo 13, pensou que debería haber unha emisión de moedas na honra do quincuaxésimo aniversario da aluaxe do Apollo 11. O Comité estaba a preparar o seu informe anual e Olson convenceu os seus colegas para que incluísen unha recomendación sobre a emisión do Apollo 11. Cando o Comité concluíu o informe anual, Olson xa abandonara esa institución, mais o seu presidente, Gary Marks, retomou a idea e conseguiu que fose incluída.Gilkes, P. ( 2019). "Path to Apollo 11 coin legislation faced obstacles ". En Coin World. 1 de xaneiro."Annual report Fiscal Year 2014 ". Citizens Coinage Advisory Committee. 30 de setembro de 2014.

En xaneiro de 2015, Olson discutiu a súa proposta co representante de Iowa Rod Blum, quen remitiu o asunto a Bill Posey, de Florida, en cuxo distrito se situaba o Centro Espacial Kennedy, e que de rapaz traballara no programa Apollo. Posey conseguiu un grupo de copatrocinadores pertencentes a ambos os partidos da Cámara e presentou o proxecto de lei en xuño de 2015. Como precedente, en 1993 xa se presentara un proxecto de lei para conmemorar cunha emisión de moedas o 25 aniversario da aluaxe, mais este fracasara, do mesmo xeito que un novo proxecto de 2007 para o 50º aniversario da NASA.Roach, S. (2015). "Bill seeks commemorative coins for Apollo 11 flight 50th anniversary ". En Coin World. 26 de xuño. A Casa da Moeda dos Estados Unidos honrara anteriormente tres veces as aluaxes nas súas emisións, cos reversos do dólar Eisenhower (1971) e do dólar Susan B. Anthony (1979) —ambos coa insignia da misión Apollo 11—, e coa moeda correspondente a Ohio (2002) da serie de cuartos de dólar dos 50 estados, que representaba un astronauta do Apollo.Pearlman, R. Z. (2018). "US Mint marks 'first strike' of Apollo 11 50th anniversary curved coins". Space.com. 14 de decembro. O proxecto de lei de 2015 foi remitido á Comisión de Servizos Financeiros da Cámara de Representantes; o sitio web GovTrack.us dáballe daquela soamente un 13 % de probabilidades de resultar aprobado.

Ao longo de 2016, os defensores intentaron aumentar o apoio ao proxecto de lei, que en novembro contaba con 298 copatrocinadores, suficientes para obter unha votación no pleno durante a sesión do Congreso anterior ás eleccións. Olson seguiu exercendo presión, do mesmo xeito que a Fundación Conmemorativa dos Astronautas e a Fundación de Bolsas para Astronautas, entidades ambas designadas para recibiren unha parte dos beneficios xerados pola comercialización das moedas, se estas se chegasen a emitit. Malia o apoio de Aldrin e Collins, os astronautas superviventes do Apollo 11, a versión do Senado do proxecto de lei só tiña 11 copatrocinadores, moitos menos dos 67 necesarios para unha votación. Se a votación non prosperaba, o proxecto de lei morrería ao remate do 114º Congreso.Golino, L. (2016). "Final push coming for Apollo 11 commemoratives". En Coin World. 4 de novembro.miniatura|299x299px|Tramitación do proxecto de lei na Cámara de Representantes dos EEUU. O 5 de decembro, derradeiro día de sesión da Cámara de Representantes, o congresista Posey pediu que se debatese o proxecto de lei e dirixiuse á Cámara en apoio deste, relatando a historia do Apollo 11. Nydia M. Velázquez, de Nova York, e Frederica S. Wilson, de Florida, falaron dos centos de milleiros de traballadores que fixeran posible a misión Apollo, e aplaudiron a inclusión da Fundación de Bolsas para Astronautas como beneficiaria, coa esperanza de que as moedas axudasen a que a xente nova se sentise atraída polas ciencias. Posey volveu intervir brevemente e o proxecto aprobouse na Cámara de Representantes sen oposición."Apollo 11 50th Anniversary commemorative coin bill". Congressional Record. 5 de decembro de 2016.

Un derradeiro pulo dos propoñentes deu como resultado 70 copatrocinadores no Senado, tres máis dos necesarios. O senador de Arcansas John Boozman levou o proxecto de lei ao pleno do Senado o 9 de decembro, onde foi aprobado sen oposición."Apollo 11 50th Anniversary commemorative coin act". Congressional Record. 9 de decembro de 2016. Deste xeito, o proxecto converteuse na Lei pública 114-282, logo da sinatura do presidente Barack Obama o 16 de decembro de 2016, un dos derradeiros proxectos de lei que asinou como presidente."Public Law 114-282. Dec. 16, 2016". Govinfo.gov

A lei exixía que as moedas se emitisen "en recoñecemento do 50º aniversario do primeira aluaxe tripulada" e debían ter unha forma curvada similar ás conmemorativas do Salón Nacional da Fama do Béisbol de 2014."National Baseball Hall of Fame Commemorative Coin Program". United States Mint.Unser, D. L. (2019). "2019 Apollo 11 50th Anniversary commemorative coins launch". CoinNews.net. 24 de xaneiro.Aquelas moedas, co deseño cóncavo do anverso que lembraba a unha luva de béisbol, resultaran moi populares.Unser, M. (2018). "2019 Apollo 11 50th Anniversary Commemorative Coin Designs Revealed". CoinNews.net 11 de outubro.