María Antonia Morandeira Estévez, coñecida como Mary Morandeira, nada en Lugo o 22 de decembro de 1905 e finada nos Estados Unidos de América, foi unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria Filla do lucense Magín Morandeira Núñez, emigrado en Cuba, onde casou con Caridad Estévez. Naceu en Lugo durante unha visita dos seus pais á cidade. Con doce anos xa escribía na revista Bohemia. En 1924 era redactora-xefe de Elegancias. Fixo recitais poéticos acompañada ao piano por Ernesto Lecuona. Publicou tres libros de poesía. Traballou como redactora do Ministerio de Asuntos Exteriores e dirixiu a revista Continente. Foi membro do PEN Club. Anunciou en televisión produtos de estética. Visitou Galicia en 1956 como agregada de prensa da Embaixada de Cuba en México.La Noche, 6-11-1956, p. 7. Despois da Revolución Cubana foi destituída do cargo e exiliouse nos Estados Unidos de América, onde morreu.
Obras Poesía
Auroras, 1925, con prólogo de Eduardo Zamacois.
Plenilunios, 1927, Medalla de Ouro da Real Academia Española de Ciencias y Artes de Cádiz. Estremecimiento, 1929, con preámbulo de Eduardo Zamacois.
Ensaio Habib Estéfano en mi vida, 1946.
Vida persoal miniatura|Mary Morandeira 1929.
Casou en 1941 co filósofo libio Habib Estéfano.Habib Estéfano 1888-1946 Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Mary Morandeira, la bella Poeta de la Raza que anuncia jabones Mary Morandeira, los Vázquez Rábade y otros escritores de Lugo en Cuba
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1905
Categoría:Finados en ano descoñecido