De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

Traxectoria thumb|250px|Actuación do grupo na Foliada da Fonsagrada de 2022. En 2019 resultaron vencedores da V edición Novos Valores, vinculada ao Festigal"Tocar no Festigal é verbalizar o imaxinado", entrevista e Tomé Mouriño, membro da banda.. Así mesmo, en 2022 foron finalistas do Proxecto Runas, organizado polo Festival de OrtigueiraFicha do grupo, festivaldeortigueira.com. e publican o seu primeiro álbum "Aquí".

Actuaron no Atlantic Fest como parte da programación de xullo de 2023, en agosto no Festival de la Luz ou o Tradfest compostelán, entre outros.

A nivel estatal, participaron no V aniversario da Casa de Galicia en Santurtzi; na celebración do Día Nacional de Galicia en Euskadi, concretamente en Sestao; na XXXIV Fiesta de los Pueblos en Laudio (Áraba); e mais, en 2021, na II Polavila de Santalla d’Oscos, en Santalla de Ozcos (Asturias).

Participaron en 2023 en SonemerxenteSomerxente.gal, aceledora de proxectos musicais en galicia, dependente da AGADIC e da Fundación Paideia Galiza. Ese mesmo ano foron seleccionados para o proxecto de coworking de emprendemento musical, desenvolvido novamente pola Fundación PaideiaLapela "Formación en emprendemento musical", paideia.es .

Asemade, foron seleccionados xunto con outros nove proxectos, para participar no Focus Galicia 2023 organizado pola AGADIC

No ano 2024 gañan o premio aRi[t]mar á mellor canción galega do ano 2023 co seu tema Morena. Tamén levarán por toda a xeografía galega, xunto con festivais como o 40º Festival Internacional de Folk de Getxo, o seu espectáculo "Aquí".

A comezos do 2025, o grupo publica o seu segundo álbum, Feira, que recibe unha notable acollida por parte do público e consolidan a súa proxección con varios éxitos. Entre eles, o disco é recoñecido como mellor álbum galego do ano 2025, mentres que o seu produtor, Juan de Dios Martín, obtén o premio á mellor produción discográfica nos I Premios da Industria Musical de Galicia organizados pola AGEM. Nese mesmo ano, o grupo é distinguido cun Premio Martín Códax da Música na categoría folk, na duodécima edición organizada pola asociación de Músicas ao Vivo.

No 2026, Feira é ademais galardoado como mellor álbum en galego na XVIII edición dos Premios da Música Independente (MIN) organizados pola Unión Fonográfica Independiente (UFi).

Discografía AquíA xira de presentación do álbum encomezou na sala Malatesta de Santiago de Compostela e proseguiu nos meses sucesivos con actuacións no Festival da Luz, o Atlantic Fest ou o TradFest.Ficha , BNE ., 2022, Estudios Abrigueiro, con Arturo VaqueroDisco, Galiciantunes.com. Mal.Pica, 2023, Centro Xove da Almáciga, con Juan Garrido e mestura e máster Estudio Terraforma, con Ibán Pérez Olliños negros (fume e alento), EP, 2023, Estudio Terraforma, con Ibán Pérez Morena, 2023, Estudios Mans, con Juan de Dios Martín Poço, 2024, Laboratorio Soyuz, con Hevi e máster Jammin Masters, con Cem Oral Feira, 2025, Casadiós, con Juan de Dios Martín Rosalinda, 2025, Laboratorio Soyuz, con Ortiga como artista e produtor e gravación de Hevi. Regueifa Maldita, 2026, Cas Manu, con Galician Army como artista e produtor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "A xeración do 90 bebemos tanto do folk como das músicas da globalización", entrevista, g24.gal, 17 de novembro de 2022. Catálogo de artistas de Tremendo Audiovisual, S.L.

Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais de folk galego