miniatura|300px|Estrutura química da fitoquelatina. n = 2–11.

As fitoquelatinas son oligómeros do glutatión, producidos polo encima fitoquelatina sintase. Encóntranse en plantas, fungos, vermes nematodos e todos os grupos de algas incluíndo as procariotas cianobacterias. As fitoquelatinas actúan como queladores, e son importantes para a desintoxicación de metais pesados.InterPro database page on phytochelatin synthase Abrévianse como PC seguido dun número, desde PC2 a PC11.

Un mutante da planta Arabidopsis thaliana que careza de fitoquelatina sintase é moi sensible ao cadmio, pero crece como unha planta de tipo silvestre a concentracións normais de cinc e cobre, dous ións metálicos esenciais, o que indica que a fitoquelatina só está implicada na resistencia ao envelenamento por metais.

Como a fitoquelatina sintase usa o glutatión cun grupo tiol bloqueado durante a síntese de fitoquelatina, a presenza de ións de metais pesados que se unen ao glutatión causa que o encima funcione máis rápido. Por tanto, a cantidade de fitoquelatina increméntase cando a célula necesita máis fitoquelatina para sobrevivir nun ambiente con altas concentracións de ións metálicos.

A fitoquelatina únese a ións de chumbo (Pb), o que secuestra os ións Pb en plantas e así serve como un importante compoñente dos mecanismos de detoxificación en plantas. A fitoquelatina parece que se transporta a un vacúolo da planta para que os ións metálicos que leva se almacenen con seguridade lonxe das proteínas do citosol.

Péptidos relacionados Hai outros grupos de péptidos con estrutura similar á das fitoquelatinas, pero nos que o último aminoácido non é glicina: +Péptidos similares á fitoquelatina Tipo Estrutura Atopado en Precursor Fitoquelatina (γGlu-Cys)n-Gly moitos organismos Glutatión Homofitoquelatina (γGlu-Cys)n-Ala legumes Homoglutatión Desglicina fitoquelatina (γGlu-Cys)n millo, lévedos Hidroximetil-fitoquelatina (γGlu-Cys)n-Ser gramíneas Hidroximetilglutatión iso-Fitoquelatina (Glu) (γGlu-Cys)n-Glu millo Glutamilcisteinilglutamato iso-Fitoquelatina (Gln) (γGlu-Cys)n-Gln ravo picante

Historia

A fitoquelatina foi descuberta en 1981 en lévedos de fisión, e recibiu o nome de cadistina. Despois atopouse en plantas superiores en 1985 e denominouse fitoquelatina. En 1989 descubriuse o encima biosintético fitoquelatina sintase.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dunaliella

Bibliografía pp. 228–230

Ligazóns externas Strong induction of phytochelatin synthesis by zinc in marine green alga, Dunaliella tertiolecta.

Categoría:Péptidos Categoría:Axentes quelantes