Calanoida (calanoides) é unha orde de copépodos, un grupo de artrópodos que son comúns no zooplancto. A orde inclúe unhas 46 familias cunhas 1800 especies de augas mariñas e doces.

Descrición

Os calanoides poden distinguirse doutros copépodos planctónicos porque a lonxitude das súas primeiras antenas é de polo menos a metade da lonxitude do corpo e as segundas antenas son birrámeas. Porén, o seu trazo anatómico máis distintivo é a presenza dunha articulación entre o quinto e o sexto segmentos corporais. Os espécimes máis grandes acadan os 18 mm de longo, pero a maioría non excede de 0,5-2,0 mm.

Clasificación A orde Calanoida contén as seguintes familias:

Acartiidae Aetideidae Arctokonstantinidae Arietellidae Augaptilidae Bathypontiidae Calanidae Candaciidae Centropagidae Clausocalanidae Diaixidae Diaptomidae Discoidae Epacteriscidae Eucalanidae Euchaetidae Fosshageniidae Heterorhabdidae Hyperbionycidae Kyphocalanidae Lucicutiidae Megacalanidae Mesaiokeratidae Metridinidae Nullosetigeridae Paracalanidae Parapontellidae Parkiidae Phaennidae Pontellidae Pseudocyclopidae Pseudocyclopiidae Pseudodiaptomidae Rhincalanidae Rostrocalanidae Ryocalanidae Scolecitrichidae Spinocalanidae Stephidae Subeucalanidae Sulcanidae Temoridae Tharybidae Tortanidae

Ecoloxía

Os copépodos calanoides son os animais dominantes no plancto en moitas partes dos océanos do mundo, constituíndo o 55–95% das mostras de plancto. Son, por tanto, importantes en moitas redes tróficas, tomando a súa enerxía do fitoplancto e algas e "reempaquetándoa" para o seu consumo polos predadores dos niveis tróficos superiores. Moitos peixes comerciais dependen dos copépodos calanoides para a súa alimentación tanto na etapa larval coma na forma adulta. Baleas como a balea de Groenlandia, o rorcual boreal, as baleas francas e o rorcual común dependen substancialmente dos copépodos calanoides como fonte de alimento.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Calanoida – guía do zooplancto mariño do sueste de Australia Clasificación dos Calanoida Clave de familias de copépodos calanoides

Categoría:Crustáceos