Inés Mosquera Calvo, nada en Carcacía (Padrón) en 1992, é unha tradutora, intérprete e escritora galega.

Traxectoria Graduada en Educación Primaria cun Máster en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Traduce entre as combinacións lingüísticas do francés, o inglés, o romanés, o galego e o castelán.

Foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, no proxecto Bibliografía da Literatura Galega.

Publicou crítica literaria no xornal El Correo Gallego.

Obra Poesía Papoulas amarelas (2022). Ilustracións de Yeray Martín Prats. A Coruña: Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-16-4. Nonmesquezas (2023). Prólogo de Fabio Rivas. A Coruña: Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-73-7. Upupú (2026). Santiago de Compostela: Chan da Pólvora.

Obras colectivas   Ratos, no fanzine Perfect blue, Zinsefera 4, 2022, Edicións Malafera. Valume, en Domingo das Mozas, n.º4, 2023. ISSN: 2792-9523. Espiral Dourada, en Dorna. Expresión Poética Galega, n.º 45, 2023. ISSN: 0213-3806. Bestiña, en Dorna. Expresión Poética Galega, núm. 46, 2024. ISBN: 977-0-213-38000-8.

Traducións literarias ao galego Habitada (2025), de Cristina Sánchez-Andrade (cotradución con Fabio Rivas). Allariz: Aira Editorial. 208 páxs. ISBN: 978-84-128837-8-7. O ruletista (2026), de Mircea Cărtărescu. Allariz: Aira Ed. Ilustracións de Ramón Trigo. Tradución de Inés Mosquera e Fabio Rivas. ISBN 979-13-992309-0-1.

Premios 2022: Primeiro premio no Certame de Poesía Ínsua e o Liño, por Repenico. 2024: Accésit no Certame de Poesía Avelino Díaz, por Flor de algodón. 2025: XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón pola súa obra Upupú. A obra aborda temas como a dor, a enfermidade, a vergonza e a liberdade, cun ton desafiante e íntimo.

Notas

Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia