O Futebol Clube de Vizela é un club de fútbol portugués con sede en Vizela, no distrito de Braga. Fundado en 1939, milita na Primeira Liga e xoga os seus partidos como local no Estádio do FC Vizela, cunha capacidade para 6.100 espectadores.
Historia Fundado o 1 de xaneiro de 1939, o Vizela ingresou na Asociación de Fútbol de Braga o 1 de agosto de 1940. 26 anos despois gañou o seu primeiro título, coa conquista da Taça de Campeão Nacional tras derrotar ao Tramagal (5–3). O club pasou a gran maioría dos seus primeiros anos entre a segunda e a terceira categoría do fútbol portugués.
En 1984 ascendeu por primeira vez na súa historia á Primeira Liga, na que permaneceu só unha campaña. Pouco despois o equipo estaba de novo na terceira categoría, da que non conseguiu saír ata a década de 2000.
De novo na "categoría de prata" do fútbol portugués, o Vizela quedou terceiro na tempada 2007/08, acabando a un só punto do ascenso. Na seguinte campaña acabou 10º, pero descendeu polo escándalo do "Apito Dourado". Durante varios anos, o club actuou como filial do SC Braga.
En maio de 2021 quedou segundo na Segunda Liga, obtendo así o ascenso á Primeira Liga por segunda vez na súa historia tras unha ausencia de 36 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
FC Vizela en WorldFootball . FC Vizela en ZeroZero .
Categoría:Equipos de fútbol de Portugal Categoría:Distrito de Braga