O Gran Premio de Las Vegas de 2023 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 18 de novembro de 2023 no Circuíto urbano de Las Vegas en Las Vegas (Nevada), nun circuíto urbano temporal que inclúe o Las Vegas Strip.. Foi a vixésimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 2023 e o primeiro Gran Premio de Las Vegas así como a primeira vez que celébrase en dito circuíto.

Antecedentes

O evento tivo lugar do 16 ao 18 de novembro. Foi a vixésimo primeira proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un de e a primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un que se disputa baixo o nome oficial de Gran Premio de Las Vegas. Será o Gran Premio número 1100 de Fórmula Un.

O evento marcou a primeira carreira de Fórmula Un en Las Vegas desde o Gran Premio Caesars Palace de 1982. tivo lugar ao redor do Las Vegas Strip nunha nova pista urbana. Foi o terceiro e último Gran Premio dos Estados Unidos que tivo lugar en despois do Miami e do Gran Premio dos Estados Unidos, e será a primeira vez desde que houbo tres carreiras celebradas nos Estados Unidos nunha tempada de Fórmula Un. O Gran Premio comezou ás 22:00 hora local (UTC−8) o sábado 18 de novembro de 2023, o que significa que foi a primeira carreira do Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula 1 que comezou un sábado desde o Gran Premio de Suráfrica de 1985.

A última vez que Las Vegas se incluíu no calendario da Fórmula Un foi en , co Gran Premio Caesars Palace.

Deseño e trazado do circuíto Os 6,201 km do circuíto urbano van en sentido contrario ás agullas do reloxo e conta con 17 curvas e unha recta de 1,9 km. Comeza nun antigo aparcadoiro comprado pola Fórmula Un por 240 millóns de dólares e no que se desenvolveu a zona de boxes e paddock e tamén contén a parte permanente do circuíto. A primeira curva é unha horquilla, e despois diso o trazado xira lixeiramente á esquerda e despois a unha rápida curva á dereita, pasando do circuíto permanente ás rúas da cidade. Os coches van 800 m por Koval Lane antes de entrar nun lento xiro de 90 graos á dereita e, a continuación, entrar nun longo e amplo xiro á esquerda que rodea ao novo Sphere arena, antes de pasar por unha sección revirada esquerda-dereita (un cambio respecto ao deseño inicial) e despois un xiro á esquerda lixeiramente máis rápido que pasa pola avenida Sands. Despois, a pista pasa por dúas curvas moi rápidas na Avenida Sands antes de entrar nun xiro lento á esquerda no Las Vegas Boulevard, tamén coñecido como Las Vegas Strip. A sección plana de 1,9 km con dúas rectas e unha lixeira curva á esquerda pasa por parte dalgúns dos hoteis e casinos máis famosos de Las Vegas. A continuación, o circuíto atravesa unha serie de tres curvas lentas cara a Avenida Harmon, baixa por unha recta de 800 m antes de pasar por unha rápida curva á esquerda para completar a volta e volver á parte permanente do circuíto despois dos boxes.

Pneumáticos dispoñibles O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente), que son os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para os equipos. + Pneus dispoñibles para Las Vegas Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros(Tipo C3)alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Medios(Tipo C4)alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos(Tipo C5)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia

Práctica Celebráronse tres sesións de adestramentos libres no evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 16 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8). Foi marcada con bandeira vermella despois de que Carlos Sainz quedara parado na pista tras golpear unha tapa metálica solta na superficie do circuíto, a sesión suspendeuse. Charles Leclerc encabezou a sesión reducida por diante de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen. O chan do coche de Sainz quedou moi danado ao igual que o de Esteban Ocon. Os danos causados no almacén de enerxía de Sainz provocaron ter que montar un terceiro almacén de enerxía, fóra dos dous permitidos. Isto levou a Sainz a recibir unha penalización de 10 postos na grella para a carreira.

A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 e estaba programada para as 00:00 hora local (UTC−8). A sesión ampliouse de 60 a 90 minutos e atrasouse dúas horas e media mentres se corrixían os problemas dos primeiros adestramentos libres. A sesión encabezouna Leclerc por diante de Sainz e Fernando Alonso.

A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8). A sesión víu a bandeira vermella a tres minutos para o final, cando Alexander Albon parou na pista despois de golpear o muro, non se reiniciou e quedou encabezada por George Russell, por diante de Oscar Piastri e Logan Sargeant.

Tras a reducida primeira sesión de adestramentos, os afeccionados foron expulsados do recinto á 1:30 hora local (UTC−8). Debido a iso, a segunda sesión de adestramentos celebrouse sen moitos afeccionados nas tribunas. O CEO de Fórmula 1, Stefano Domenicali, emitiu unha declaración pública sobre o incidente. Os organizadores do evento entregaron vales desconto por valor de 200 dólares para a tenda en circuíto, o que provocou que o bufete de avogados JK Legal & Consulting, con sede en Nevada, iniciara accións legais.

O director do equipo Ferrari Fred Vasseur criticou os problemas da tapa do sumidoiro, afirmando que os danos custáronlles "unha fortuna", mentres que Toto Wolff criticou os comentarios negativos sobre o Gran Premio. Seguiría eloxiando os esforzos de Liberty Media para organizar o evento.

Cualificación A cualificación celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 00:00 hora local (UTC−8).

Clasificación da cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrllaQ1Q2Q31 16 Charles LeclercFerrari1:33.6171:32.775 1:32.72612 55 Carlos SainzFerrari1:33.851 1:33.338 1:32.770 12Carlos Sainz recibiu unha penalización de dez prazas na grella por montar unha terceirabatería de enerxía.3 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:34.190 1:33.5721:33.10424 63 George RussellMercedes1:34.1371:33.3511:33.112 35 10 Pierre GaslyAlpine-Renault 1:34.272 1:34.494 1:33.23946 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes 1:34.634 1:33.588 1:33.32357 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes 1:34.525 1:33.733 1.33.51368 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari1:34.305 1:33.809 1:33.52579 20Haas-Ferrari 1:34.337 1:33.664 1:33.537810 14 Fernando Alonso 1:34.422 1:33.617 1:33.555 911 44 Lewis HamiltonMercedes1:34.307 1:33.837 1012 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:34.574 1:33.855 1113 27Haas-Ferrari 1:34.265 1:33.979 1314 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes 1:34.504 1:34.199 19Lance Stroll recibiu unha penalización de cinco postos na grella por adiantar baixo bandeiras amarelas na terceira sesión de adestramentos15 3 Daniel RicciardoAlphaTauri-Honda RBPT1:34.683 1:34.308 1416 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes 1:34.703 1517 31 Esteban OconAlpine-Renault 1:34.834 1618 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari1:34.849 1719 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:34.850 1820 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT 1:36.447 20107% tempo: 1:40.170Fonte:

Carreira A carreira celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 22:00 hora local (UTC−8), sobre 50 voltass.

Clasificación da carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT50 1:29:08.2892252 16 Charles LeclercFerrari50 +2.0701183 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT50 +2.24111154 31 Esteban OconAlpine-Renault50 +18.66516125 18 Lance Stroll50 +20.06719106 55 Carlos SainzFerrari50 +20.8341287 44 Lewis Hamilton Mercedes50 +21.7551068George Russell quedou cuarto, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por provocar unha colisión con Max Verstappen. 63 George RussellMercedes50 +23.091349 14 Fernando Alonso50 +25.9649210 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes50 +29.496182Inclúe un punto pola volta rápida11 10 Pierre GaslyAlpine-Renault50 +34.270412 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes50 +43.398513 20Haas-Ferrari50 +44.825814 3 Daniel RicciardoAlphaTauri-Honda RBPT50 +48.5251415 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari50 +50.1621716 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes50 +50.8826 17 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari50 +1:25.350718Yuki Tsunoda e Nico Hülkenberg clasificáronse xa que completaron máis do 90 % da distancia da carreira 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT46 Caixa de cambios2019Yuki Tsunoda e Nico Hülkenberg clasificáronse xa que completaron máis do 90 % da distancia da carreira 27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari45 Motor13Ret 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes2 Accidente15Volta rápida: Oscar Piastri (McLaren-Mercedes) – 1:35.490 (volta 47)fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos10px1 Max Verstappen*54910px2 Sergio Pérez2733 Lewis Hamilton23210px 24 Carlos Sainz20010px 15 Fernando Alonso200Fonte:

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos10px1 Red Bull Racing-Honda RBPT*8222 Mercedes39210px3 Ferrari38810px4 McLaren-Mercedes28410px5273fonte:

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Estados Unidos Categoría:Gran Premio de Las Vegas de Fórmula 1