Explorer 38, tamén coñecido como Radio Astronomy Explorer A, RAE-A e RAE-1, foi un observatorio espacial do programa Explorer da NASA lanzado o 4 de xullo de 1968 mediante un foguete Delta J desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características Explorer 38 foi o primeiro observatorio espacial da NASA adicado a observar o ceo en ondas de radio a frecuencias entre 0,2 e 20 MHz. O seu obxectivo principal foi o Sol. Cunha masa de 193 kg, o observatorio estabilizábase mediante gradente gravitatorio e consumía 25 W de potencia eléctrica. A antena do satélite estaba formada á súa vez por dúas antenas formando unha X: unha antena de 229 m de longo en V apuntando en sentido contrario á Terra unida polo seu vértice a outra antena en V da mesma lonxitude e cunha inclinación de 60° entre as uves. O observatorio levaba tamén unha antena para telemetría. Os datos almacenábanse nunha grabadora de cinta que comezou a fallar aos dous meses de estar en órbita. Explorer 38 cumplíu a súa misión, pero as observacións estaban cheas de interferencia, tanto natural (tormentas eléctricas, auroras polares) como artificial. Lanzouse un segundo observatorio, Explorer 49 (RAE-B) que foi posto en órbita lunar para minimizar as interferencias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta J Explorer 49
Categoría:Observatorios espaciais Categoría:Programa Explorer