Dadi Dreucol, ou simplemente Dreucol, nado en Málaga na década de 1980, é o pseudónimo dun artista urbano español activo desde 2007,Dadi Dreucol a Streetartbio e de nome real descoñecido.

Biografía Fixo os primeiros graffitis aos doce anos, fascinado pola estética da pintura urbana.Dadi Dreucol, el grafitero desconocido nova no Diario Sur, 13/3/2013 Estudou Belas Artes en Valencia, onde se instalou durante varios anos, se ben logo regresou á súa cidade natal, Málaga.

Obra A súa serie de murais máis famosa, comezada en 2015, foi a protagonizada por un personaxe semiespido con barba, que representaba un individuo desvinculado de calquera norma ou marca e coa que quería romper coa orde establecida. A serie reportoulle sona e un periplo de actuacións en festivais, así como intervencións en espazos públicos promovidas polas administracións.

En 2018 rompeu con esa traxectoria de representación subvencionada e comezou unha serie de intervencións irónicas e máis políticas sobre o espazo urbano e a súa modificación, como grafitis e táboas que simulaban carteis de venda de predios, carteis pegados sobre muro coas letras de "non ao graffiti", ou pintadas de "non pintar a persiana" sobre persianas de establecementos.

Porén, a partir de 2022 comezou a borrar a súa obra, repintando espazos públicos con rolo e pintura de cores claras e planas, ou inserindo táboas pintadas de branco e arrodeadas de letras que, xuntas, dispuñan o seu nome artístico.

Galería

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Valencia Categoría:Nados en Málaga Categoría:Grafiteiros