A Dobrada é un barrio urbano de Vigo, situado en terreos da parroquia histórica de Lavadores, no concello de Vigo, na comarca de Vigo. Ten unha poboación aproximada de 40.000 habitantes.
Poboación miniatura|Sinal da avenida do alcalde Emilio Martínez Garrido É o barrio de maior densidade de poboación de Galicia. Trátase fundamentalmente dun barrio residencial.
As vías principais do barrio foron dedicados en 1986 aos alcaldes Gregorio Espino e Emilio Martínez Garrido. Outras rúas levan nome de aves: Gaivota, Corvo Mariño, Anduriña, Pardal, Canario, Xílgaro, Estorniño, Merlo, Bubela, Mazarico, Aguia, Azor, Pardillo, Pega, Perdiz, Faisán, Rola, Papuxa, Verderol, Reiseñor, Carrizo, Becacina, ademais de Bolboreta e Morcego.
Toponimia Debe o seu nome á aldea que existía neste lugar antes de se urbanizar.
División eclesiástica Eclesiasticamente, adscríbese á parroquia da Nosa Señora da Paz.
Edificios Destaca o CEIP da Dobrada e o Centro de Especiales da Dobrada.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lavadores
Barrios da cidade de Vigo
Parroquias de Vigo
Notas Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia