A Peneira foi unha publicación periódica quincenal en galego editada en Ponteareas desde o ano 1984 até comezos de 2011, a cargo de Edicións A Peneira. Conxuntamente co xornal repartíase o suplemento cultural Kalaikia. Dende 2016, está presente nunha edición dixital e troca o nome a Novas do Eixo Atlántico.

Traxectoria miniatura|Cabeceira do 1.º número.|esquerda O primeiro número foi editado en marzo do 1984 baixo a iniciativa do director Guillermo Rodríguez Fernández.Baquero (2007), p. 333 Os principios que rexían a súa liña editorial son a independencia de grupos políticos e económicos, a total transparencia informativa e a defensa da personalidade de Galicia, da súa lingua, da súa cultura e da súa entidade nacional económica e política. O seu lema é “informar formando”. É un dos xornais históricos escritos en lingua galega. Nunha primeira etapa as noticias estaban centradas na zona sur da Provincia de Pontevedra pero co tempo ampliouse a súa zona xeográfica abranguendo o Salnés, o Morrazo e con apartados especiais dedicados ás comarcas galegas.

Dende os seus inicios quixo servir como método de comunicación entre Galicia e Portugal na súa sección “Alem Minho”.

A súa periodicidade foi mensual ata a década dos 90 en que se convertería en quincenal.

Por volta do 2004, coa entrada de Antón Fernández Escudero na redacción,  modificouse o seu carácter informativo. Así naceron distintas cabeceiras comarcais: en decembro apareceu a Peneira do Condado Paradanta e, tamén, a do Baixo Miño que posteriormente se transformou nun suplemento do xornal, xunto coas comarcas do Val Miñor e Vigo, de periodicidade mensual.  En xuño, xorde A Peneira da Louriña. Este feito permite orientar o xornal cara a unha información nacional, tomando Compostela como eixe e recollendo información local nas cabeceiras de saída mensual.

Na altura do 2006 o xornal mereceu o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Iniciativas Culturais.

A distribución no ano 2007 era duns 10.000 exemplares repartidos polas catro provincias con maior presenza na de Pontevedra.Barreiro & Pérez, p. 4

En xaneiro de 2011 o xornal pechou a súa versión en papel na etapa negra do xornalismo galego onde se sucederon as desaparición de proxectos históricos de comunicación en galego como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, xunto con outros de difusión máis reducida entre os que se atopou A Peneira e GZ Nación.

miniatura|A Nova Peneira. En 2012, o proxecto segue a súa actividade exclusivamente en formato electrónico baixo o nome de A Peneira Dixital. Logo de 2016 pasa a chamarse Novas do Eixo Atlántico.

Organigrama Director: Guillermo Rodríguez Redactor Xefe: Antón Fernández Redacción: Ramón Couñago, María Díaz, Manrique Fernández, Diego Giráldez, Amparo Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas A Peneira dixital Sitio web de Novas do Eixo Atlántico

Categoría:Prensa escrita de Ponteareas