Álvaro Arnedo González, nado en Logroño o 9 de xuño de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formado nas canteiras do Comillas e da UD Logroñés, debutou co filial deste último na tempada 2015/16. Disputou o seu primeiro partido co primeiro da UD Logroñés o 3 de xaneiro de 2016, xogando os últimos 11 minutos dunha vitoria por 0-2 ante o Lealtad na Segunda División B. Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CD Varea, da Tercera División.

De regreso en Logroño pasou a ser membro do primeiro equipo e converteuse nun habitual dos onces titulares do adestrador Sergio Rodríguez. En marzo de 2018 sufriu unha grave lesión de xeonllo nun partido ante o Arenas Club de Getxo, que o obrigou a tres cirurxías e a afastarse dos terreos de xogo durante dous anos e medio, ata setembro de 2020.

Durante a súa ausencia o equipo rioxano ascendeu á Segunda División, categoría na que Arnedo debutou o 29 de novembro de 2020, ante o Mallorca. Con todo, só xogou dous partidos máis co equipo e o 1 de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contrato para fichar polo Portugalete, de Segunda B.

Para a tempada 2021/22 regresou á súa cidade natal, fichando pola SD Logroñés, da Primeira División RFEF, categoría na que militou tamén durante as seguintes tempadas vestindo as camisetas de Linares e Rayo Majadahonda.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1996 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do Club Portugalete Categoría:Xogadores do SD Logroñés Categoría:Xogadores do Linares Deportivo Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda