Jordan Sánchez Varela, nado en Ourense o 5 de xaneiro de 1991, é un futbolista galego que xoga de lateral dereito no Arenteiro, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Ourense e chegou a debutar co seu filial, o Ourense B, na Terceira División, durante a tempada 2007/08, con só 16 anos. A continuación pasou polo equipo xuvenil do Pabellón, antes de ingresar na canteira do Celta de Vigo en 2009. Tras un ano de xuvenil, saíu cedido na tempada 2010/11 ao Ourense, co que xogou unha campaña en Terceira, logrando 10 goles e disputando a promoción de ascenso.
De regreso en Vigo, xogou unha campaña co Celta B na Segunda División B, sen conseguir manter a categoría. En 2012 fichou polo Compostela, co que gañou na súa primeira tempada o ascenso de Terceira a Segunda B. Xogou tres anos máis no equipo santiagués, disputando un total de 120 partidos oficiais.
A continuación xogou 6 anos fóra de Galicia, vestindo as camisetas de cinco equipos diferentes (Sabadell, Arenas de Getxo, Linense, Alcoyano e Zamora), todos eles na terceira categoría do fútbol español. Co Zamora disputou a primeira edición da nova Primeira División RFEF, aínda que acabou descendendo.
En 2023 regresou á provincia de Ourense e asinou como novo xogador do Arenteiro. Disputou un total de 35 partidos na histórica tempada 2022/23, na que o club do Carballiño se proclamou campión do Grupo I da Segunda División RFEF, logrando así o ascenso á Primeira RFEF, gañou a Copa Federación e eliminou ao Almería na Copa do Rei antes de caer eliminado ante o Atlético de Madrid de Simeone.
Palmarés Arenteiro Segunda División RFEF (1): 2022/23. Copa Federación (1): 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en LaPreferente .
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1991 Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores da Real Balompédica Linense Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro