Carlos Fernández Fernández, nado en 1952, é un investigador, escritor e profesor galego.
Traxectoria Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Filosofía no IES do Porriño e profesor asociado de Filosofía da Universidade de Vigo. Membro do consello de redacción de Grial, foi director dos Encontros de Mondariz-Balneario da Fundación Carlos Casares.
Obras O pensamento epocal en Celestino Férnández de la Vega, 1989. O vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro, 2000. Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo, 2008 (con Anxo Rei Ballesteros).
Premios Premio Literario Ánxel Fole 1988 polo libro O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega. Premio Literario Ánxel Fole 2007 por Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1952
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio Ánxel Fole