El cielo no entiende é unha canción do dúo musical español OBK, incluída no seu álbum de estudio Antropop.
Descrición Entendida polos seus autores como unha expresión de liberdade, tolerancia e respecto cara aos demais, a canción relata as dificultades dunha relación sentimental entre persoas do mesmo sexo.
A canción tomouse como banda sonora da emisión en televisión da Volta ciclista a España 2000, e foi número 1 de Los 40 Principales a semana do 9 de setembro dese mesmo ano.
Conta cunha versión tecno remesturada de 4:40 minutos e outra de 8:15, ambas as dúas incluídas no álbum Extrapop (2001).
A canción foi versionada pola presentadora de televisión Verónica Mengod no programa Telepasión española emitido o 24 de decembro de 2000 e polo humorista Raúl Pérez no espazo Tu cara me suena en 2018.
Notas
Categoría:Sinxelos de 2000 Categoría:LGBT en España