Francisco González Estévez, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1820 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1879, foi un lutier e inventor galego.

Traxectoria Emigrou a Madrid en 1835, segundo algunhas fontes, ou en 1849 segundo outras, e xa en 1850 figuraba no censo como guitarrero, mestre construtor de guitarras. Facía distintos instrumentos musicais de corda e madeira, fundamentalmente guitarras, pero tamén bandurras, mandolinas ou violíns, Estableceu o seu obradoiro de luthier en Madrid, primeiro na rúa de Toledo e logo na céntrica carreira de San Xerome.

Recibiu a medalla de Primeira clase na Exposición Universal de París, en 1867, e tamén pola Sociedad Matritense en 1866 e na exposición de Zaragoza de 1868. Logo do seu falecemento, as tres fillas que tivo continuaron o negocio e chamáronlle ao obradoiro "Hijos de González", a pesar de seren todas mulleres; a firma foi unhas principais marcas de construción de instrumentos musicais de España.

Discípulo seu foi José Ramírez, que tamén acabou por comezar unha saga de ilustres lutieres de guitarras españois.

Foi internado no hospital xeral de Madrid, onde faleceu de pneumonía.

Notas

Categoría:Lutieres Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1879 Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras