Bambi é o terceiro EP do cantante surcoreano Baekhyun. O disco lanzouse o 30 de marzo de 2021 pola compañía SM Entertainment. A versión física se pode atopar en catro versións distintas: Bambi, Night Rain, Dreamy e Misty.

Antecedentes e lanzamento O 5 de marzo de 2021, SM Entertainment anunciou que o cantante estaba a preparar o seu novo álbum en solitario que se lanzaría a finais de marzo, xusto antes do seu alistamento no servizo militar obrigatorio. O 11 de marzo publicouse a primeira imaxe teaser, xunto co nome do disco e a data de lanzamento. Do 15 ao 28 de marzo, publicáronse con regularidade fotos e vídeos teaser.

Promoción Unha hora antes do lanzamento do vídeo musical e do álbum, Baekhyun fixo unha transmisión en vivo a través de V Live, promovendo e falando sobre o disco. O 9 de abril, Baekhyun obtivo a súa primeira vitoria en Music Bank co sinxelo «Bambi». En contraste cos seus anteriores temas, Baekhyun non presentou a canción en ningún programa musical debido ao seu alistamento no servizo militar.

Éxito comercial O 30 de marzo, horas antes do lanzamento de Bambi, informouse que dito álbum logrou superar as 833 392 copias vendidas en prevenda, converténdose no seu mellor disco ata o momento e no álbum máis solicitado nunha prevenda por un solista na historia de Corea do Sur. Pouco despois do seu lanzamento, Bambi logrou acadar o posto número un en iTunes en 60 países e arrasou en numerosas listas nacionais. Debutou no primeiro posto de Gaon Album Chart. Eventualmente converteuse no disco máis vendido de marzo de 2021 en dita lista cun total de 591 994 copias malia que só pasaron dous días dende o seu lanzamento. O 19 de abril anunciouse que o álbum superou o millón de vendas, converténdose no segundo álbum de Baekhyun en alcanzar dito logro tras Delight (2020).

O disco tamén acadou o éxito internacional, acadando o posto número quince de Billboard World Album Chart. Na China acumulou 1 millón de yuanes en QQ Music tras unha hora de ser lanzado, convertendo a Baekhyun no primeiro cantante masculino coreano en recibir unha certificación Dobre Platino en 2021.

Posto en listas

Listas semanais Lista (2021)Mellor posición (Oricon)8 (Gaon)1 (OCC)34

Lista mensual Lista (2021)Mellor posición (Gaon)1

Historial de lanzamento PaísDataFormato(s)DistribuidoraCorea do Sur30 de marzo de 2021CD, descarga dixitalSM Entertainment, DreamusVariosDescarga dixitalSM Entertainment

Notas

Categoría:Álbums de Baekhyun Categoría:Álbums de SM Entertainment