Jere Lehman Bacharach, nado en Nova York o 18 de novembro de 1938 e finado en Seattle, Washington, o 9 de abril de 2023, foi un historiador e numismático estadounidense especializado no mundo oriental.

Traxectoria Jere L. Bacharach naceu en Nova York en 1938, fillo de Adele Alice Lehman e de Justin L. Bacharach."Obituaries: Jere Lehman Bacharach". En The Seattle Times. 23 de abril de 2023. Cursou os seus estudos universitarios no Trinity College de Connecticut, onde se graduou en 1960. Posteriormente acadou un mestrado na Universidade Harvard en 1962 e doutorouse na Universidade de Míchigan en 1967."Jere L. Bacharach: Curriculum Vitae". Department of History. University of Washington.

O seu interese polos estudos de Oriente Medio e a historia islámica comezou no outono de 1958, cando pasou unha estadía formativa dun ano no estranxeiro, na Universidade de Edimburgo, e alí asistiu ao seu primeiro curso de historia islámica."In Memoriam: Jere Bacharach". Department of History. University of Washington.

A súa carreira académica transcorreu na Universidade de Washington, na que ingresou como profesor adxunto no curso 1967-1968, e onde exerceu a docencia ata a súa xubilación formal en 2004, aínda que seguiu a impartir clases ata 2007, como catedrático emérito de Historia. Ao longo desta traxectoria académica na Universidade de Washington, Bacharach ocupou varios cargos, entre eles o de director do Departamento de Historia (1987-1992), director da Escola de Estudos Internacionais Henry M. Jackson (1995-2000),"In Memoriam: Jere L. Bacharach (1938-2023)". Henry M. Jackson School of International Studies. University of Washington. e director interino do Departamento de Linguas e Civilizacións do Oriente Próximo (2005-2006). Nesta universidade foi tamén o fundador do programa de doutoramento interdisciplinario en Estudos sobre Oriente Próximo e Oriente Medio (1991-2000).

A traxectoria acedémica de Bacharach transcorreu entre Seattle e O Cairo. Ademais da súa dedicación á docencia no estado de Washington, dirixiu con carácter interino o Centro Americano de Investigación en Exipto entre 2002 e 2003 e participou en diversos proxectos co Instituto de Investigación Americano en Siria, coa Sociedade Internacional de Estudos Iranianos e con Historiadores da Arte Islámica. Entre outras entidades de carácter asociativo, Bacharach foi tamén presidente da Asociación de Estudos de Oriente Medio de América do Norte (1999-2000) e editor do boletín informativo desa entidade; tamén presidu Medievalistas de Oriente Medio (1997-2000 e 2003-2006) e a Asociación de Escolas Profesionais de Asuntos Internacionais, e pertenceu ao consello directivo da American Numismatic Society desde 1993 ata o seu falecemento."The ANS Mourns the Loss of Jere L. Bacharach ". American Numismatic Society. 19 de abril de 2023.ANS (2023).

As súas investigacións abranguen desde a arquitectura do poder no mundo islámico ata o uso de escravos africanos nos exércitos musulmáns. Mais o seu principal foco de traballo foi a numismática islámica, un eido no que publicou numerosos artigos, sinaladamente acerca da evolución monetaria circasiana do século XV e as cuñaxes da dinastía Iquíxida do século X. O seu libro Islamic History Through Coins, publicado no Cairo en 2006, foi recoñecido pola Royal Numismatic Society de Londres co premio Samir Shamma, como o mellor libro do ano sobre a numismática islámica do século XIX.

Vida persoal Jere L. Bacharach casou con Ruth Balka o 23 de decembro de 1962,"Jere L. Bacharach To Wed Ruth Balka". En The New York Times. 20 de setembro de 1962.Trinity College Alumni Magazine . Vol. IV. Nº 4. Marzo de 1963. Páxina 39. con quen tivo dúas fillas, chamadas Deborah e Julia.

Morreu en Seattle, no estado de Washington, o 9 de abril de 2023, aos 84 anos,O'Kane, B.; Heidemann, S. (2023). Páxina 335."In Memorium, Jere L. Bacharach (1938-2023)". Middle East Studies Association of North America. 19 de abril de 2023. como consecuencia dunha grave doenza.

Recoñecementos

2004: Jere L. Bacharach, da Middle East Studies Association of North America (MESANA). 2007: Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society. 2008: Mellon Foundation Emeritus Fellowship."Emeritus Fellowships [Bacharach]". Mellon Foundation (Mellon.org). 2009: Premio á traxectoria de Middle East Medievalists. 2015: Premio Mentoring, da Middle East Studies Association of North America.

Premio Jere L. Bacharach En recoñecemento á súa figura, a Middle East Studies Association of North America decidiu en 2004 darlle o nome de Jere L. Bacharach ao seu premio ao servizo, que xa viña outorgando desde que se establecera en 1996. Esta é a listaxe de galardoados co premio:"Jere L. Bacharach Service Award". Middle East Studies Association of North America (MESANA.org).

1997: I. William Zartman e Ellen-Fairbanks D. Bodman. 1998: Richard L. Chambers. 1999: George N. Atiyeh. 2000: Louisa Moffitt. 2001: Elizabeth W. Fernea. 2002: Jeanne Jeffers Mrad. 2004: Jere L. Bacharach. 2005: Ernest N. McCarus. 2006: Howard A. Reed. 2008: Fred M. Donner. 2009: Mary Ellen Lane. 2010: McGuire Gibson. 2011: Bruce Craig e Michael C. Hudson. 2012: Erika H. Gilson. 2014: Günter Meyer. 2015: Virginia H. Aksan. 2016: Ann Mosely Lesch. 2017: Bassam Haddad. 2018: James A. Miller. 2019: Suad Joseph. 2020: James F. Goode e Dale F. Eickelman. 2022: Marlis J. Saleh e Rabab Abdulhadi 2023: Anne H. Betteridge.

Publicacións Jere L. Bacharach é autor de decenas de artigos e colaboracións en materia de historia e numismática islámicas, publicados en diversas revistas especializadas e volumes conxuntos, ademais dalgúns traballos monográficos, dos que a seguir se citan algúns dos máis significativos."Jere L Bacharach". Academia.edu

Escolma de monografías

(1974). A Near East Studies Handbook, 570-1974. University of Washington Press. ISBN 9780295953618 (1978). The Warp and Weft of Islam (con I. A. Bierman, eds.). Henry Art Gallery, Seattle. (1982). Catalog of the Islamic Coins, Glass Weights, Dies, and Medals in the Egyptian National Library, Cairo (con N. D. Nicol et al). Undena Pub., Malibu. ISBN 9780890031155 (1984). A Middle East Studies Handbook. University of Washington Press. ISBN 9780295706443 (1995). The Restoration and Conservation of Islamic Monuments in Egypt. American University in Cairo Press. ISBN 9789774243561 (2002). Fustat Findss: Beads, Coins, Medical Instruments, Textiles and Other Artifacts from the Awad Collection. American University in Cairo Press. ISBN 9781617972331 (2006). Islamic History through Coins. American University in Cairo Press. ISBN 977424 99305

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

ANS (2023). "Jere L. Bacharach (1938-2023)". En Coins Weekly (Coinsweekly.com). 27 de abril . O'Kane, B.; Heidemann, S. (2023). "Jere Bacharach (1938-2023)". En Der Islam. 100(2): 335-339.

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 2023 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Samir Shamma Categoría:American Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Profesores da Universidade de Washington Categoría:Finados por doenza Categoría:Personalidades sen imaxes