dereita|miniatura|Mapa representando as rexións estatísticas e os seus municipios.

O sistema administrativo territorial letón é centralista pero en base a lei de estatísticas CSB aprobada na Saeima o 6 de novembro de 1997 o sistema nacional de estatística é descentralizado. En base ao cal se definiron as rexións en Letonia, tamén chamadas rexións estatísticas de Letonia (en letón: Latvijas statistiskie reģioni): Curlandia, Latgale, Pierīga, Riga, Vidzeme e Zemgale.https://ec.europa.eu/eurostat/documents/64157/4372828/LV-description.pdf/e5812cdd-a3c7-41fd-af50-73b33ac6f96b

Estas rexións foron establecidas de acordo coa Regulation (EC) No 1059/2003 do Parlamento Europeo o 26 de maio de 2003. Estas rexións estatísticas de Letonia non son rexións administrativas, foron exclusivamente creadas con fins estatísticos de colección de poboación e datos para o Ministerio de Traballo, Interior, Cultura e Saúde e Tecnoloxías Médicas.

Demografía Poboación estimada das rexións a data de 30 de novembro de 2023: Curlandia 236 022 habitantes Latgale 255 627 habitantes Pierīga 378 982 habitantes Riga 614 618 habitantes Vidzeme 180 454 habitantes Semigalia 227 520 habitantes

Letonia 1 893 223 habitantesInformación demográfica de Letonia

Notas

Categoría:Xeografía de Letonia