Jia Liyuan (chinés simplificado: 贾立元; pinyin: Jiǎ Lìyuán), nado en Chifeng (Mongolia Interior) no 1983, é un investigador en Literatura e escritor chinés de ciencia ficción, máis coñecido co pseudónimo de Fei Dao (chinés simplificado: ; pinyin: Fēi Dāo).
Traxectoria Doutorouse en Literatura pola Universidade de Tsinghua. Con posterioridade adícase á investigación na Universidade Normal de Pequín, antes de regresar como profesor á de Tsinghua, onde en 2017 comeza a impartir un novo curso sobre escritura de ciencia ficción.Na actualidade ocupa un posto de director executivo do Centro de Investigación e Escritura Literaria de Tsinghua.
Obra Fei Dao é autor das coleccións de contos en chinés, traducidas ao inglés, Innocence and Its Fabrications, The Storytelling Robot, Chinese Scifi Blockbusters e The Long Journey to Death. Entre as súas obras traducidas con anterioridade atópanse os seus relatos ≪A Story of the End of the World≫ e ≪The Demon's Head≫, publicados en italiano e inglés. Diversos artigos seus, de corte académico sobre o xénero da ciencia ficción, foron publicados en Science Fiction Studies, Literary Review, Contemporary Writers Review, Suhu e Comparative Literature in China.
Moitas das historias de Fei Dao están a cabalo entre a fantasía e a ciencia ficción, o autor emprega os elementos das fábulas e do futurismo en paralelo. O relato curto traducido ao español na antoloxía Estrellas Rotas como ≪El robot al que le gustaba contar trolas≫ é unha fábula calviniana que explora o sentido da marabilla nos autómatas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
飞氘 (La literatura china traducida en España)
Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades sen imaxes