Testio foi un personaxe mitolóxico, rei de Pleurón, na rexión de Etolia (Grecia). Foi un dos catro fillos de Ares e de Demónice (filla de Axenor)Pseudo-Apolodoro I, 7.7. (ou Pisídice, segundo Pseudo-Plutarco).
Nalgúns casos confúndese con TespioPor exemplo, Pausanias en Descripción de Grecia IX, 27.7. Graves, cando describe as fazañas de Heracles, conta que foi matar ó león de Citerón (non confundir co león de Nemea) "que estaba facendo estragos nos gandos de Anfitrión e o seu veciño o rei Tespio, chamado tamén Testio" (Graves, px. 498)., rei de Tespias (Beocia) e fillo de Erecteo, rei de Atenas, e Praxitea. Casado con Megamede tivo, con ela ou con concubinas, cincuenta fillas, as Tespíades.
Testio casou con Euritemis (ou Euritemiste, ou Euritémide)Pero outros mitógrafos din que casou con Deidamía (filla de Perieres) ou con Laofonte (filla de Pleurón e, polo tanto, a súa tía)., coa que tivo sete fillos: Altea (que sería a nai de MeleagroHixino 14.16. Pero tamén se afirma que Meleagro sería fillo de Altea con Ares (Pseudo-Apolodoro I, 8.2)., rei de Calidón, unha cidade próxima a Pleurón), Leda, Hipermestra, IficloUn dos Argonautas (Hixino 14.17; Graves, px. 628)., Evipo, Plexipo e Eurípilo Grimal, px. 312; Pseudo-Apolodoro I, 7.10.. Os fillos varóns morreron no transcurso da cacería do xabaril de Calidón.
Entre as fillas destaca Leda, que casaría con Tindáreo e foi seducida por Zeus. Como resultado desta relación co seu home e con Zeus na mesma noite, quedou embarazada e puxo dous ovos, dos que nacerían Helena de Troia e Pólux (considerados inmortais por ser fillos de Zeus) e mais Clitemnestra e Cástor (considerados fillos de Tindáreo e, por tanto, mortais).
Pero outras fontes contan que tivo outro fillo, chamado Calidón. A tradición di que Testio, cando regresou a Calidón tras unha longa ausencia, atopou ó seu fillo deitado na cama coa súa nai. Á vista de tal incesto, Testio mata os dous pero pronto se dá de conta do seu erro, e entón suicidouse botándose ó río Áxeno, que recibirá na súa memoria o nome de Testio (aínda que posteriormente será o denominado río Aqueloo e, hoxe, Aspropótamos).
Cando os irmáns Tindáreo e Icario foron expulsados de Lacedemonia (Esparta) por Hipocoonte (outro irmán) e os seus doce fillos, Testio aliouse con eles e axudounos a establecerse ó outro lado do río Aqueloo. Co tempo, Tindáreo terminou casando coa filla de Testio, Leda.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega