Semigalia (en letón: Zemgale) é unha rexión histórica e provincia que corresponde á parte centro-sur de Letonia, cuxa historia está en gran medida ligada á de Curlandia, coa que formou un ducado do mesmo nome.

Xeografía

Abrangue os seguintes concellos e cidades (c):

Demografía A evolución demográfica recente dos seus distritos é a seguinte: 200020112021Aizkraukles40 15133 49329 367Bauskas54 85547 10441 755Dobeles39 61839 61828 517Jēkabpils56 25746 70340 576Jelgava (cidade)66 37559 51155 336Jelgavas37 33734 40231 969

Toponimia O nome de Semigallia aparece en fontes como Seimgala, Zimgola e Sem[e]gallen. O elemento -gal[l] significa "fronteira" ou "extremo", mentres que a primeira sílaba corresponde a ziem ("norte"). Así pois, os semigaliáns eran os "habitantes das terras fronteirizas do norte", é dicir, dentro do contexto de Semigalia o pobo báltico das partes baixas dos vales dos ríos Mūša e Lielupe.

Historia e lingua Semigalia é unha das rexións históricas e culturais de Letonia, pero hoxe en día non exercita ningún rango administrativo no país, só forma parte das rexións estatísticas. Xunto con Kurzeme e Selónia foron parte no pasado do Ducado da Curlandia e Semigália, vasalo de Lituania. Baixo o Imperio ruso esta rexión era coñecida como a Gobernatura de Curlandia.

A extinta lingua semigaliá pertence ao grupo de linguas do leste báltico. Foi a lingua da rexión ata o século XVI en zonas do norte de Lituania e sur de Letonia, cando o pobo Semigaliá foi asimiliado tanto por Lituania como pola parte letoa. O semigalián non deixou mostras escritas observábeis, polo que o estudo desta lingua ágrafa baséase na topoloxía e no vocabulario oral conservado, como por exemplo no referente á auga. O semigalián foi identificado con elementos característicos tamén observados no curonio e no letón. Os son k, g no letón moderno son idénticos ao c, dz en semigalián.

Economía Semigalia é notoría polas súas leiras moi produtivas para a agricultura, con case o 40 % da rexión forestada. O produto rexional bruto (GRP) é de 2 500 millóns de euros en 2023.

Notas

Categoría:Rexións de Letonia