Apolonia de Alexandría (do grego: Απολλωνιος 'pertencente a Apolo'), máis coñecida como Santa Apolonia e tamén coa variante Polonia, foi virxe que sufriu martirio en Alexandría durante un levantamento local contra os cristiáns antes da persecución de Decio.

Segundo a tradición, a súa tortura incluía, antes de ser queimada na fogueira, a extracción violenta dos seus dentes. Por este motivo, adoita considerarse a patroa da odontoloxía, ademais da dor de moas e outros problemas dentais. O pintor da corte francesa Jehan Fouquet pintou a escena da súa tortura e do seu martirio.Olmert, Michael (1996). Milton's Teeth and Ovid's Umbrella: Curiouser & Curiouser Adventures in History, p.66. Simon & Schuster, New York. .

Traxectoria miniatura|Santa Apolonia por Francisco de Zurbarán Naceu arredor do ano 200 e era filla dun funcionario de Alexandría, de quen recibiu unha educación de excelencia. Ademais de contar con grandes aptitudes polo coñecemento, tiña á súa disposición a Biblioteca de Alexandría, o que reforzou os seus dotes intelectuais. A tradición di que Apolonia se converteu ao cristianismo ao saber que a súa nai rezaba á Virxe María para poder concibir. Predicou a fe cristiá durante toda a súa mocidade e até a súa adultez o que a levou a ocupar un dos graos máximos da xerarquía católica: dictante de catequese.

No ano 249 acúsaselle de promover un levantamento contra a autoridade romana. A sentenza foi o castigo corporal na boca: destrución de maxilares e a extracción dos seus dentes.

Orixe do levantamento Os historiadores cristiáns proclamaron que nos últimos anos de mandato do emperador Filipo o Árabe (entre 244 e 249), durante as festividades para conmemorar o milenio da fundación de Roma (tradicionalmente en 753 a. C., situando a data do milenario da fundación preto do 248) a furia do xentío alexandrina converteuse en ira e cometeron sanguentas atrocidades contra os cristiáns. As autoridades non se esforzaron por detelas, logo de que un dos poetas no xentío profetizase unha calamidade.

Dionisio, o bispo de Alexandría (247-265), relata os sufrimentos dos seus fregueses nunha carta dirixida a Fabio, o bispo de Antioquía; algúns longos extractos da carta preserváronse en Eusebius Historia Ecclesiae (eu: vin: 41). Entre outros, destaca o relato sobre o martirio de Apolonia, a quen cualifica como parthénos presbytis (diaconisa). Narra como a agarraron e, con repetidos golpes, rompéronlle todos os seus dentes. Despois fixeron unha fogueira para queimala, pero ela refusou e foi ela quen se tirou ao lume.

Patroa Na Idade Media adoitaba terse por patroa da dor de moas e dentes. É a tamén padroeira dos dentistas, polo que no seu santo, o 9 de febreiro, tamén se celebra o día dos odontólogos.

Iconografía Debido á tradición segundo a cal lle foron extraídos os dentes, a santa Apolonia represéntalla na iconografía como unha moza sostendo na man unhas tenaces ou cos dentes nunha bandexa. Ao ser mártir, tamén pode aparecer coa palma do martirio na man.

Notas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Finados en 249 Categoría:Nados no século II Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade