A é unha forma de ópera chinesa orixinada no norte da China. Destaca polo emprego do chinés vernáculo e as súas melodías sinxelas, que contribuíron á súa fama entre as clases populares.
Historia A pingju xurdiu en Tangshan, provincia de Hebei, preto da cidade de Tianjin, arredor do ano 1910. O seu creador foi o dramaturgo Cheng Zhaocai, que combinou diferentes artes e estilos propios do nordeste chinés. Entre as súas obras, destacan Flores coma alcaiotas e A viúva Ma abre unha tenda. A pingju tivo moita fama durante o período republicano pola intensidade das súas interpretacións e as súas tramas románticas. Porén, chegaría á súa época dourada durante as décadas dos 50 e 60.
Algúns filmes incorporaron pingju na súa metraxe, como Haitang Hong (A begonia vermella, 1936), de Zhang Shichuan, na que aparece a intérprete de pingju Bai Yushuang. Intérpretes célebres A intérprete Bai Yushuang foi coñecida como a "raíña da pingju", e chegou a crear unha escola propia. Outras intérpretes famosas foron Xin Fengxia e a súa mentora, Hua Furong.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cheng, W. (2002). The Use of "Public" Women: Commercialized Performance, Nation-Building, and Actresses' Strategies in Early Twentieth-Century Beijing. WID Working Papers. Chinnery, J. (2007). Pingju: Real Life Opera of Northern China. New World Press. Liu, S. (2022). Xin Fengxia and the Transformation of China's Ping Opera. Cambridge University Press.
Ligazóns externas 评剧《花为媒》(Versión de Flores coma alcaiotas, en YouTube) 评剧《马寡妇开店》(Versión d'A viúva Ma abre unha tenda, en YouTube)
Categoría:Cultura da China Categoría:Música da China