, coñecido artisticamente como Vash, é un director de cinema chinés contemporáneo. Nado o 22 de agosto de 1985 en Guiyang, provincia de Guizhou, é coñecido internacionalmente polo filme Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng (2019), protagonizado por Jackie Chan. Esta película foi proxectada no Festival Nits de Cinema Oriental de Vic, con subtítulos en catalán.

Traxectoria Yan Jia estudou deseño de interiores no Reino Unido. Posteriormente, volveu a China para estudar cinema en Shanghai. Alí, traballou na rodaxe das películas Mission: Impossible III (2006) e The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor (2008). No ano 2010, participou no programa de televisión Wo yao pai dianying 我要怕电影 ("Quero facer unha película") e contribuíu aos efectos especiais de Batman: Under the Red Hood. En 2014, coescribíu a súa primeira película 3D Shi ren chong 3D食人虫 ("Os insectos comedores de persoas 3D"). En 2019 e 2023 dirixiu as películas Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng 神探蒲松龄之兰若仙踪 ("O detective Pu Songling") e Ju ji shou 狙击手 ("O francotirador"), respectivamente.

Filmografía 《3D食人虫》(2014) 《神探蒲松龄之兰若仙踪》(2019) 《狙击手:逆战》(2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 严嘉 Vash (Douban)

Categoría:Directores de cinema da China Categoría:Nados en 1985