SECS, acrónimo de Special Experimental Communication System, e tamén nomeado ás veces como TERCEL, foi un satélite artificial da Armada dos Estados Unidos de América lanzado o 5 de abril de 1990 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea.
Características SECS era un satélite de comunicacións experimental do tipo "gardar e enviar": ao pasar sobre unha estación recibía información que gardaba a bordo e a transmitía a outra estación diferente ao sobrevoala. O satélite tiña un deseño parecido ao GLOMR, con forma de poliedro de 62 caras e 0,6 m de diámetro, pero máis capacidade de almacenamento, máis redundancia e equipamento deseñado especificamente para o espazo. A enerxía eléctrica era producida por células solares cubrindo a superficie do satélite. SECS funciounou durante 3,5 anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pegasus (foguete) GLOMR
Categoría:Satélites artificiais