Musa, coñecida tamén como Termusa, foi raíña do Imperio parto desde o ano 2 a. C. até o 2 d. C.. Sendo orixinalmente raíña consorte do monarca Fraates IV (r. 37 a. C. – 2 a. C.), a quen matou para logo rexer o Imperio canda o seu fillo, Fraates V. É a primeira das tres únicas mulleres que asumiron o goberno na historia de Irán, as outras dúas son as irmás sasánidas Boran (r. 630–630, 631–632) e Azarmedukht (r. 630–631).

Biografía Musa era unha concubina romana que fora entregada ao rei parto Fraates IV polo emperador Augusto (r. 27 a. C. – 14 a. C.) despois dun tratado no ano 20 a. C., en virtude do cal os partos recoñecían a hexemonía romana sobre Armenia, e estes pola súa banda aceptaban a designación do Éufrates como fronteira.; Desposada co soberano arsácida, a romana converteuse rapidamente na súa raíña e esposa favorita e deu a luz un varón, Fraataces.; Influído aparentemente por Musa, Fraates IV enviou ao seus catro primoxénitos a Roma para evitar conflitos pola súa sucesión,;; e no ano 2 a. C., foi envelenado por ela. Musa ascendeu entón ao trono do Imperio canda seu fillo non lexitimado, quen subiu ao trono como Fraates V.;

Con todo, despois dun curto período de goberno, ambos foron derrocados e executados pola nobreza, quen coroou a un certo Orodes III dous anos despois.;

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Reis partos Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século I