Os pinópodos ou uterodomas son protrusións da membrana celular apical das células do epitelio interno do útero, o endometrio.

Os pinópodos teñen unha función pinocítica (e de aí vén o nome pinópodo, en grego 'pé bebedor') e tamén secretora.Kabir-Salmani, M et al. Secretory role for human uterodomes (pinopods): secretion of LIF. Molecular Human Reproduction 2005 11(8):553-559 http://molehr.oxfordjournals.org/cgi/content/full/11/8/553 Os seus vacúolos secretores diríxense ao lume uterino e o seu contido pode proporcionar nutrientes necesarios para o embrión. Tamén axudan ao embrión a adherirse ao endometrio uterino. Co desenvolvemento de pinópodos hai unha diminución do contacto das células epiteliais entre si, o cal favorece a adhesión e penetración do blastocisto.

A utilidade dos pinópodos como marcadores da receptividade endometrial foi discutida na literatura no pasado,Quinn, CE and Casper, RF. Pinopodes: a questionable role in endometrial receptivity. Human Reproduction Update 2009 15(2):229-236 http://humupd.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/15/2/229 mais agora é aceptada de forma xeral.

Estrutura e morfoloxía

Os pinópodos adoitan medir de 5 a 10 μm de longo. A súa estrutura depende da fase do ciclo menstrual en que se encontre o organismo, xa que os pinópodos están regulados por hormonas sexuais, o estróxeno e a proxesterona. En estudos feitos en ratas observouse que a proxesterona estimula o desenvolvemento dos pinópodos, mentres que o estróxeno é responsable da súa regresión.

Xeralmente, a primeira fase de desenvolvemento ten lugar durante o inicio da fase lútea, arredor dos días 17-18 do ciclo menstrual. Durante ese período, aparece unha protuberancia celular. Na fase lútea media de desenvolvemento, arredor dos días 20-22, é cando os pinópodos son máis prominentes. Durante esta fase de pico, estas estruturas teñen aspecto esférico e suave, sen microvilosidades. Contra o final da fase secretora, arredor dos días 23-35 do ciclo, prodúcese o período de regresión. Neste fase, a estrutura múrchase e aparece engurrada. Non todos os pinópodos da superficie endometrial se desenvolve ao mesmo tempo, o que afecta á regularidade da súa distribución na membrana.

Dentro dos pinópodos atópase F-actina. O citoesqueleto está feito principalmente de microfilamentos de actina. A estrutura varía entre especies. En roedores os pinópodos conteñen moitos vacúolos. Os pinópodos humanos non conteñen grandes vacúolos, pero teñen vesículas secretoras, e porcións de retículo endoplasmático rugoso e de aparato de Golgi. Atopáronse mitocondrias e glicóxeno en pinópodos de roedores, pero non nos humanos.

Receptividade endometrial Na literatura previa cuestionárase a validez do papel dos pinópodos na receptividade endometrial e implantación. Porén, na literatura máis recente descríbense as correlacións positivas atopadas entre a presenza de pinópodos e a receptividade endometrial. As mulleres ás que se lles realiza unha fecundación in vitro que teñen unha alta presenza de pinópodos teñen máis probabilidade de conseguir unha mellor taxa de implantación do embrión e de embarazo se as comparamos con mulleres cunha baixa cobertura de pinópodos. A ventá de implantación é o período de tempo no cal o endometrio é receptivo á adhesión do blastocisto. Debido a que o desenvolvemento dos pinópodos se solapa coa ventá de implantación, pode producirse a adhesión do blastocisto, o cal proporciona as moléculas de adhesión necesarias para o proceso de implantación. Os ensaios e investigacións que se están facendo actualmente mostran que os pinópodos son un marcador fiable da receptividade endometrial.

Notas

Categoría:Aparato reprodutor feminino