A crista de galo miúda, Serapias parviflora,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Ediciónsé unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae. miniatura|318x318px|Vista da planta.

Descrición Talvez se trate dunha das especies de orquídeas máis frecuentes pero que menos chaman a atención. Ten unha espiga con poucas flores dirixidas cara arriba. Estas flores caracterízanse porque o labelo é pequeno e normalmente adoita estar pegado ao ovario, coma se estivese dirixido cara atrás. Ten formas de transición con Serapias lingua, especie coa que convive e probablemente se hibrida, esta última ten o labelo moito máis longo e dirixido cara abaixo. Florece na primavera, abril-maio.Herbarivirtual

Hábitat Vive en solos silíceos, en areais, matogueira alta, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.

Taxonomía Serapias parviflora foi descrita por Filippo Parlatore e publicada en Giornale de Scienze, Letteratura ed Arti per la Sicilia 59: 66. 1837.

Etimoloxía

Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.

parviflora: epíteto latino que significa "con flores pequenas".En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Serapias laxiflora var. parviflora (Parl.) Rchb.f. (1850) Serapiastrum parviflorum (Parl.) A.A. Eaton (1908) Serapias laxiflora Rchb.f. (1850) Serapias columnae Aurnier (1851) Serapias occultata J. Gay ex Willk. (1861) Serapias elongata Tod. (1876) Serapias parviflora f. lutescens Renz (1930) Serapias parviflora ssp. occultata (J. Gay) Maire & Weiller (1959) Serapias parviflora var. lutescens (Renz) Kalop. (1981) Serapias mascaensis H. Kretzschmar, G. Kretzschmar & Kreutz (1993) Serapias parviflora ssp. mascaensis (H. Kretzschmar, G. Kretzschmar & Kreutz) Kreutz (2004

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das orchidáceas

Ligazóns externas Orchidaceae in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The Families of Flowering Plants: Descriptions, Illustrations, Identification, Information Retrieval. Catalogue of Life Angiosperm Phylogeny Website GRIN Taxonomy of Plants USDA ITIS

Categoría:Serapias Categoría:Orquídeas de Galicia