O encoro de Tominé é un corpo de auga que se estende por terreos da cabeceira municipal de Guatavita e o concello de Sesquilé, concellos que se atopan ao norte de Bogotá. Este encoro forma parte do sistema hídrico da sabana de Bogotá xunto cos encoros do Sisga e Neusa. Ten unha lonxitude de 18 quilómetros de longo por 4 de ancho e 50 metros de media de profundidade, con capacidade para 690 000 000 de metros cúbicos de auga, polo que se converteu nunha reserva de vital importancia para a rexión. A súa capacidade é sete veces meirande ca a do Sisga e ca a do Neusa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lagoa de Guatavita
Tominé