Vicente Almazán Climent, nado en Castelló o 17 de novembro de 1924 e finado o 1 de febreiro de 2006, foi un filólogo e historiador castellonenco.
Traxectoria Comezou a escribir nos colexios dos maristas de Alacant e de Valencia. Despois de falecer o seu pai volveu a Castelló, continuando os seus estudos nos Escolapios. En 1948 marchou a Francia onde iniciou os estudos universitarios en Estrasburgo, despois conseguiu unha bolsa para a Universidade de Colonia (Alemaña), onde cursou filoloxía Románica e literatura medieval. Descubriu a lingua sueca nunha estadía na Universidade de Estocolmo pero volveu a Colonia para rematar o doutoramento.
Viaxou a Canadá, onde viviu nove anos, deu clases nas universidades de Sudwury e Windsor. Despois marchou aos Estados Unidos onde ensinou filoloxía románica durante corenta anos, primeiro na Universidade de Wayne (Detroit) e logo na de Wisconsin-Oshkosh.
Xubilouse en 1995, sendo nomeado profesor emérito. Foi relator de oficio do II Congreso Internacional de Estudos Xacobeos e formou parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata a súa morte o 2006.
Obra Gallaecia scandinavica. Introdución ó estudo das relacións galaico-escandinavas durante a Idade Media. Galaxia, 1986.
Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago (editor). Galaxia, 1992.
Alsacia jacobea. Introducción al estudio de las peregrinaciones alsacianas a Santiago de Compostela: historia, literatura, arte. Consorcio Compostela 93, 1994.
Dinamarca jacobea. Historia, arte, literatura. Xunta de Galicia, 1998. Galicia. Breviario para o galego ausente. Galaxia, 1999. Santa Brígida de Suecia. Peregrina, política, escritora. Xunta de Galicia, 2000.
Olav, rey perpetuo de Noruega. Xunta de Galicia, 2002.
Historia de una amistad: las cartas de Pedro de Dacia y Cristina Stommeln. Editorial San Esteban. (ed.), col. Biblioteca Dominicana. Salamanca, 2004.
Notas
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Filólogos de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Personalidades sen imaxes