O fitoeno é un composto de 40 carbonos intermediaro na biosíntese dos carotenoides. A síntese de fitoeno é o primeiro paso necesario para a síntese de carotenoides en plantas. O fitoeno prodúcese a partir de dúas moléculas de xeranilxeranil pirofosfato (GGPP) pola acción do encima fitoeno sintase. As dúas moléculas de GGPP condénsanse e despois elimínase o difosfato e hai un desprazamento protónico orixinando a formación de fitoeno.

O fitoeno e fitoflueno procedentes da dieta encóntranse en varios tecidos humanos incluíndo o fígado, pulmón, mama, próstata, colon e pel. A acumulación destes carotenoides na pel pode protexela por diversos mecanismos, ao actuaren como absorbentes de luz UV, como antioxidantes e como axentes inflamatorios.

A fitoeno aplicouse en cosmética.Book chapter: Liki von Oppen-Bezalel, Aviv Shaish. Application of the Colorless Carotenoids, Phytoene, and Phytofluene in Cosmetics, Wellness, Nutrition, and Therapeutics. In The alga Dunaliella: Biodiversity, Physiology, Genomics & Biotechnology. Eds. Ami Ben-Amotz, Juergen Polle, and Subba Rao, publicado en maio de 2009 por Science Publishers, Enfield, NH, USA (2009)

Estrutura O fitoeno é unha molécula simétrica que contén tres dobres enlaces conxugados. Ten un espectro de absorción UV-Vis típico dun sistema conxugado triplo co seu máximo de absorción no rango do UVB a 286 nm e cun ε1% de 915.

Fontes

A análise de varios froitos e verduras mostrou que o fitoeno e o fitoflueno se atopan na maioría dos froitos e verduras. En contraste con todos os outros carotenoides, o fitoeno e o fitoflueno, os primeiros precursores de carotenoides na vía biosintética doutros carotenoides, absorben luz no rango do UV.

Historia A estrutura do fitoeno foi estabilizada e demostrada por síntese total polo grupo de Basil Weedon en 1966.

Notas

Categoría:Carotenoides Categoría:Tetraterpenos