O mestre Xiraldo, tamén coñecido como Xiraldo de Beauvais, foi un cóengo compostelán que viviu durante o século XII, quizais de orixe francesa. Foi persoa de confianza de Diego Xelmírez e escribiu boa parte da Historia Compostellana.
Traxectoria Segundo algúns autores, era natural de Beauvais. Nalgúns documentos pódese ver a súa simpatía cara á abadía de Cluny. Pertencía ao círculo de confianza de Diego Xelmírez. Viaxou a Roma en 1118, xunto co bispo de Ourense, para solicitar do papa a concesión de sé arcebispal para Santiago de Compostela. Esta obteríase en 1120.
Redactou, despois de Nuno Afonso, a segunda parte da Historia Compostellana, que narra os feitos históricos da etapa de Xelmírez. Posibelmente tamén incorporou o capítulo escrito por Hugo.
Notas
Categoría:Catedral de Santiago de Compostela Categoría:Século XII en Galicia