O municipio de Cēsis (en letón, Cēsu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021 pola Saeima. Este novo municipio foi o resultado da fusión do antigo Cēsis cos municipios de Amata, Jaunpiebalga, Līgatne, Pārgauja, Priekuļe e Vecpiebalga.

É un municipio interior, limita co municipio de Sigulda ao oeste, co municipio de Ogre ao sur, co municipio de Madona ao sueste, e co municipio de Valmiera ao norte. Forma parte da rexión histórica de Vidzeme.

Ten unha superficie de 2668,1 km² e unha poboación de 41 161 persoas a finais de 2021.

O territorio do municipio da rexión de Cēsis divídese en 7 asociacións, a división das asociacións é a seguinte:

Asociación Amata: parroquias de Amata, Drabešu, Nītaure, Skujene e Zaubes; Asociación Cēsi: cidade de Cēsis e parroquia de Vaive; Asociación Jaunpiebalga: parroquias de Jaunpiebalga e Zosēnu; Asociación Līgatne: cidade de Līgatne e parroquia de Līgatne; Asociación de Pargaujas: parroquias de Raiskuma, Stalbe e Straupe; Asociación Priekuļi: parroquias de Liepa, Mārsnēn, Priekuļi e Veselava; Asociación Vecpiebalga: parroquias de Dzerbene, Inesu, Kaives, Taurene e Vecpiebalga.

Economía A economía de Cēsis modernizouse na pasada década do 2010 sobre dous pivotes, a economía do ecoturimo co maior expoñente na eco-vila de AmatciemsAmatciems, recollendo o 2,2 % das pernoctacións de turistas no país.Porcentaxe de Turistas E o postulado da cidade de Cēsis como capital cultural de Letonia, centrando as inversións en programación de concertos, cremento programado dos seus museos e axudas aos comisarios de arte que programen na cidade. A cidade é candidata a Capital Europea da Cultura para o 2027 https://obs.agenda21culture.net/es/good-practices/estrategia-cultura-para-el-crecimiento-sostenible-de-cesis/ Candidatura a Capital Europea da Cultura

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia

Cēsis