José Seijo Don, coñecido como Seixo, nado en Vilanova (San Pedro de Nós, Oleiros) e finado na Ermida (Culleredo) cara a 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Albanel, de militancia cenetista. Na noite do 10 de xullo de 1939, un grupo formado polos anarquistas José Garrido Pasandín, o seu fillo Eduardo Garrido Otero e José Seijo Don eliminaron ao falanxista e axente do Servicio de Información y Policía Militar (SIMP) José Barcia Rioboó, na Barcala. Xulgados na causa 711/39 xunto con Andrea e Encarnación García Veiga, José Garrido e o seu fillo foron condenados a morte e executados o 23 de outubro de 1940, Encarnación e Andrea foron condenadas a dez e oito anos de prisión como encubridoras.La Voz de Galicia, 23-10-1940, p. 2. José Seijo foi sobresido. Posteriormente ingresou na guerrilla.
En 1948, un grupo comandado por José María Castelo Mosquera e do que formaban parte Rosendo Sar, José Antonio Cortiñas Blas e Manuel Ramiro Souto, que se dirixían cara aos montes da Laracha, atoparon a José Seijas. Castelo cominouno a acompañalos e cando chegaron ao lugar da Ermida (Celas) disparoulle un tiro na cabeza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Finados en 1948