Pierre Antoine Grimal, nado en París (15º distirto) o 21 de novembro de 1912 e finado na mesma cidade (no 5º distrito) o 2 de novembro de 1996, foi un historiador e latinista francés especializado na lingua, literatura e filoloxía latinas e na civilización romana. Contribuíu a promove-lo coñecemento do patrimonio cultural da antiga Roma, tanto entre os especialistas como entre o público en xeral.
Traxectoria Ingresou na École Normale Supérieure en 1933, e recibiu o terceiro lugar na "agrégation de lettres" en 1935. Foi membro da École française de Roma (1935-1937) e despois ensinou latín nun instituto de Rennes.
Traballou como profesor de civilización romana nas facultades de Caen e Bordeos, e finalmente na Sorbona, onde foi profesor emérito durante trinta anos. Publicou estudos sobre a civilización romana, dos que moitos tomos o foron na serie "Que sais-je?", e traducións de autores clásicos latinos (Cicerón, Séneca o Mozo, Tácito, Plauto, Terencio). Na súa xubilación, tamén publicou biografías e historias ficticias (Mémoires d’Agrippine, Le procès Néron), máis destinadas ao público en xeral.
Defendeu e promoveu a lingua francesa como membro do Comité de Honra da “Asociación para a salvagarda e a expansión da lingua francesa” (ASSELAF), ao igual que Philippe de Saint Robert, Roger Minne, Christian de Duve ou Maurice Reims.
Participou na promoción da cultura latina coa asociación Vita Latina, así como coa asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) que ten a súa sede en Roma e da que é un dos moitos cofundadores en 1967. Esta última tiña como obxectivo espalla-la cultura latina ao tempo que actualizaba a lingua ás condicións modernas. En abril de 1971, asinou o "chamamento aos profesores" lanzado polo Instituto de Estudos occidentais tras a dimisión de Robert Flacelière como director da École normale supérieure.
Foi director editorial da Revue des études latines entre 1977 e 1989. Pertenceu á Sociedade Francesa de Arqueoloxía Clásica e da Sociedade Francesa de Exiptoloxía, alén de diversas outras academias de diversos países. Foi premiado pola Academia Francesa en 1962, 1964 e1987.
Deixou a que se considera unha definición clásica de mito:
Ao final da súa vida, fixo campaña con Jacqueline de Romilly, pola preservación do ensino das humanidades no ensino secundario
Foi soterrado en Jouy-en-Jossas.
Principais obras
1951, Dictionnaire de la mythologie grecque et romaine, publicadas por PUF. 1953, Le siècle des Scipions, Rome et l’Hellénisme au temps des guerres puniques, Aubier (2ª edición en 1975). 1954, Les villes romaines, PUF Que sais-je ? no 657 (7ª edición, 1990). 1954, Petite histoire de la mythologie et des dieux, Fernand Nathan. 1955-2007, Grammaire latine (en colaboració con Adrien Cart, Jacques Lamaison e Roger Noiville), ed. Nathan. 1955, Dans les pas des césars, Hachette. 1955, Horace, Editions du Seuil. 1958, Romans grecs et latins, Bibliothèque de la Pléiade. 1960, La civilisation romaine (Collection «Les grandes civilisations»), Arthaud (4ª edición en 1970). 1961, À la recherche de l’Italie antique, Hachette Livre, 1961 (Premio Marie-Eugène Simon-Henri-Martin da Academia francesa, apartado historia, en 1962). 1964, Mythologies, Larousse. 1963, L’Amour à Rome, Belles Lettres, 1979? (Premio Broquette-Gonin da Academia francesa, apartado literatura, en 1964). 1965, La littérature latine, PUF, colección Que sais-je? n° 376 1965, Histoire mondiale de la femme, Nouvelle Librairie de France. 1965, Le siècle d’Auguste, PUF Que sais-je? n° 676. 1968, Essai sur l’art poétique d’Horace, Paris SEDES. 1971, Le guide de l’étudiant latiniste, PUF. 1977, Etude de chronologie cicéronienne, Les Belles Lettres 1979, Italie retrouvée, PUF. 1979, L’amour à Rome, Belles Lettres. 1985, Virgile ou la seconde naissance de Rome, Arthaud. 1986, Rome, la littérature et l'histoire, École française de Rome. 1986, Cicéron, Fayard (Gran premio Gobert da Academia francesa, apartado historia, en 1987).
Recoñecementos Pierre Grimal foi membro de:
Academia de Inscricións e Belas Letras, dende 1977; a partir de 1985, foi presidente. Academia Nacional dos Linces de Italia, elixido en decembro de 1980. Academia real das ciencias, das letras e das belas artes de Bélxica, elixido asociado en 1981. Academia real de Suecia. Escola Francesa de Roma (1935-1937). Sociedade de Estudos Latinos que publica Revue des études latines, da que foi director entre 1977 e 1989. Sociedade Arqueolóxica de Bordeos, e presidente entre 1952 e 1955. Sociedade francesa de arqueoloxía clásica. Sociedade francesa de exiptoloxía, Sociedade nacional de anticuarios de Francia. Asociación Vita Latina, creada en 1957, para a promoción do latín e da cultura latina. Asociación para a preservación e expansión da lingua francesa.
Asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) para apoia-la difusión do latín e da súa cultura.
Premios da Academia Francesa
Premio Marie-Eugène Simon-Henri-Martin, no apartado historia por À la recherche de l’Italie antique en 1962, cunha dotación de 1 000 francos Premio Broquette-Gonin, no apartado literatura por L'Amour à Rome en 1964, cunha dotación de 1 000 francos. Gran premio Gobert, no apartado historia por Cicéron en 1987, cunha dotación de 50 000 francos.
Premio do Instituto Nacional de Estudos romanos
Premio honorario "Cultori di Roma", concedido en 1993. Foi noeado oficial da Lexión de Honra francesa; grande oficial da Orde Nacional do Mérito; comendador da Orde das palmas académicas e comendador da Orde das artes e das letras, da promoción do 10 de abril de 1995.
Vida persoal De 1935 a 1944, Pierre Grimal foi o marido de Claude-Edmonde Magny (1913-1966), muller de letras e crítica literaria francesa. Logo casou con Geneviève Borel quen morreu en 1985. Volveu casar con Laurence Piel.
Seus fillos son: a libreira Claire Grimal, a latinista Florence Dupont, o especialista en sánscrito François Grimal (EFEO), o director de laboratorios farmacéuticos Antoine Grimal, o exiptólogo Nicolas Grimal e o xurista Benoite Grimal-Filleteau. Tivo once netos entre os que figuran tanto científicos como figuras literarias, sen esquecer a artistas como o violinista David Grimal, a saxofonista e compositora Alexandra Grimal ou a artista plástica Marie Preston.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en Dialnet.
Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Latinistas Categoría:Filólogos de Francia Categoría:Tradutores do latín Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Historiadores de Francia