Serowe é unha cidade de Botswana que segundo datos de 2011 contaba con 47 447 habitantes. Pertence ao Distrito Central e é un punto importante de comercio, sendo a sexta cidade do país en termos de poboación. Serowe xogou un papel moi importante na historia de Botswana, sendo a capital do pobo BagammaNgwato a comezos do século XX e tamén o lugar de nacemento de varios presidentes do país, como Seretse Khama e Festus Mogae.
Notas
Categoría:Xeografía de Botswana