Criseida (ou Criseis) foi un personaxe da mitoloxía grega, vítima da Guerra de Troia. O seu verdadeiro nome era o de AstínomeGrimal, s. v. Criseida; Graves, px. 715. pero quedou indentificada polo epíteto de Criseida, filla de Crises, un sacerdote do deus Apolo na cidade misia de Crise, na Tróade (Anatolia).
Na Ilíada cóntase como os gregos comezan as operacións militares contra Troia atacando e conquistando as cidades subsidiarias, entre elas Lirneso. Nestes ataques previos, Aquiles capturou numerosas riquezas e prisioneiros e, entre eles, a Criseida, en Tebas, que entregou a Agamenón como botín de guerraHixino: Fábulas 121; Graves, px. 715., e que a fixo a súa concubina. Algunhas fontes din que Criseida era a esposa de Eetión, rei de TebasE pai de Andrómaca, a esposa de Heitor. Aquiles matouno, a el e ós seus fillos.; outros din que Crises mandou a filla a Lirneso para poñela a salvo da guerra, ou ben que estaba alí para asistir a un festival en honor a Ártemis.
O pai, o sacerdote Crises, intentou rescatar a filla e ofreceulle a Agamenón un cuantioso rescate, pero este negouse a devolverlla. As palabras de Agamenón evidencian en canto a valoraba:
Crises pediu axuda ó seu deus, Apolo, que accedeu ás súas súplicas e someteu a un duro castigo ó exército grego: un andazo de pesteA imaxe das frechas de Apolo sementando a peste no campamento aqueo mantívose ata a Idade Media e máis alá, con numerosos exemplos nos que se relacionan a enfermidade cos anxos malos ou co mesmo Xesucristo que lanza á terra as frechas da peste. O culto a San Sebastián, avogoso contra a peste, tamén está relacionado con este feito (Helena Carvajal González: "San Sebastián, mártir y protector contra la peste", en Revista Digital de Iconografía Medieval, nº 13, 2015, px. 58-59)."Apolo destruíu case todo o exército, en parte de fame, en parte por unha peste" (Hixino: Fábulas 121). caeu sobre os soldados á vez que o propio Apolo se dedicaba a disparar as súas frechas mortais contra eles, causando incontables baixas<ref>"Disparou primeiro contra as mulas e os rápidos cans, pero a seguir comezou a lanzar os seus afiados dardos contra os homes, acertándoos de pleno. As piras, repletas de cadáveres, ardían sen cesar" (Ilíada I, 50-53).</ref>. Calcas, o adiviño, recoñecen que se trataba dun castigo de Apolo e que a única forma de librarse del era devolver a Criseida ó seu pai, ó que Agamenón se nega.
Tras nove días de mortes sen conta, os heroes aqueos, convocados por Aquiles, esixiron a Agamenón que devolvese a Criseida, que fixera sacrificios a Apolo e detivese deste xeito o andazo que os estaba decimando.
miniatura|esquerda|Mosaico que representa a Crises ante Agamenón (Casa das Ninfas, Nápoles, s. IV a. C.)
Agamenón negouse en redondo e enfrontouse a Aquiles, que a piques estivo de sacar a espada e matalo, se non fose porque a deusa Atenea o parou colléndoo polo pelo e facéndose visible só para Aquiles. Finalmente, Agamenón cedeu, pero esixiu, como compensación, a entrega de Briseida, outra prisioneira que lle correspondera a Aquiles.
Pero Agamenón non admite quedar sen a recompensa que, en forma de botín de guerra, premia a todo guerreiro polo seu valor en combate. Esixe unha compensación e ameaza con quitarlle a súa parte a Odiseo, a Áiax ou, finalmente, a Aquiles. Fíxooo máis como castigo a Aquiles, para demostrar ante el e ante todo o exército, a súa autoridade pero Aquiles, a quen non lle queda outra que aceptar, monta en cólera e retírase da loita, o que supuxo un duro revés para os gregos.
Criseida asegurara ó seu pai que Agamenón nunca a tocara, pero o certo é que deu a luz un fillo, Crises o NovoEste Crises tivo o seu papel no mito de Orestes, ó que salvou ó revelar que o seu verdadeiro pai era Agamenón e, polo tanto, era medio irmán de Orestes., e, para explicalo, dixo que quedara embarazada do propio deus ApoloHixino: Fábulas 121.; dise que tamén tivo unha filla, Ifixenia. De feito, existe unha tradición segundo a cal Criseida non quería deixar a Agamenón e teimaba en quedarse con el, e Crises terminou devolvendo a Criseida a Agamenón agradecido polo ben que a trataraGrimal, s. v. Criseida..
miniatura|Crises axeonllado ante Agamenón
Dise que Criseida era unha moza de dezanove anos, loura, delgada e pequena. Pola contra, Briseida era alta e morena, constituíndo os dous arquetipos de beleza femininaGrimal, s. v. Criseida.. Homero refírese a ambas cos cualificativos de a de fermosas meixelas.
Iconografía A figura de Criseida tivo pouca representación na iconografía, se ben aparece nalgúns vasos gregos. A modo de exemplo pódese citar unha cráter de figuras vermellas, datada no 370-360 a. C. e exposta no Museo do Louvre, na que aparece Crises axeonllado ante Agamenón, sentado no seu trono, e a figura de Criseida tras o pai.
Pola evidente relación con Criseida, cómpre lembrar a maior presenza na cerámica e pintura do momento en que os heraldos de Agamenón esixen a Aquiles a entrega de Briseida, tanto na antigüidade clásica como no neoclasicismo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Esteban Santos, Alicia: "De princesas a esclavas en Troya (Heroínas de la mitología griega III)", en Cuadernos de Filología Clásica nº 17 (2007), 45-75.
[especialmente Fábula'' 121]
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega Categoría:Personaxes da Guerra de Troia