Manuel Rodríguez Paz, coñecido polo alcume de Manu Catoira, nado en Catoira o 16 de novembro de 2005, é un futbolista galego. Xoga de mediocentro. Traxectoria En 2017 comezou a xogar nas categorías inferiores do Celta de Vigo, pasando polas categorías de infantil, cadete, e xuvenil, categoría na que disputou partidos durante tres temporadas en División de Honra. Foi capitán do equipo, co que acadou o campionato en 2022 e 2023. O 11 de maio de 2024, na súa segunda convocatoria co Celta Fortuna, substituíu a Alfon no minuto 86 contra o Rayo Majadahonda, con vitoria celeste 3-0.
O 26 de agosto de 2024 fíxose oficial a fichaxe de Rodríguez polo Real Sporting de Gijón B, actualmente coñecido como Sporting Atlético, co que comezou a súa carreira profesional. Converteuse en imprescindible para o conxunto asturiano e disputou 30 partidos durante a tempada regular, 24 deles como titular.
En 2023 La Voz de Galicia escolleuno como un dos mellores futbolistas galegos homes de entre os nados en 2005.
Notas
Categoría:Futbolistas de Catoira Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Catoira Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes