Kevin Sánchez Rey, nado en Burgos o 20 de febreiro de 2005, é un futbolista español, que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña. É internacional coa selección española sub-19.
Traxectoria Naceu en Burgos e ten ascendencia galega por parte de seu avó, natural de Pontedeume. Comezou a xogar ao fútbol no Inter Vista Alegre, pasando aos 9 anos á canteira do Burgos CF, na que permaneceu ata 2019, cando con 14 anos recibiu a chamada do Deportivo da Coruña.
A súa primeira tempada en Galicia pasouna xogando cedido no San Tirso de Mabegondo, club que conta cun convenio de colaboración co Deportivo. Na tempada 2020/21 compaxinou o cadete do Deportivo co xuvenil B e na seguinte foi xa o máximo goleador do xuvenil B. Na 2022/23 subiu ao xuvenil A e proclamouse máximo goleador do Grupo I da División de Honra, con 21 goles. Ademais, esa mesma tempada disputou as segundas semifinais da Copa do Rei Xuvenil da historia do club, debutou co Fabril en Terceira RFEF nun derbi ante o Silva e foi convocado coa selección española sub-18.
En agosto de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña no Memorial Arsenio Iglesias fronte ao Atlético Arteixo, substituíndo tralo descanso a Tim Caroutas, e disputou tamén a 78ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte ao Red Bull Bragantino II. O 6 de decembro de 2023 debutou en partido oficial, na segunda rolda da Copa do Rei ante o Tenerife en Riazor, e marcou na prórroga o gol que colocou o 2-2 no marcador, pero uns minutos despois outro gol de Sergio González decantou a eliminatoria para o club canario. Catro días despois xogou tamén co Deportivo en liga, na 16ª xornada da Primeira División RFEF contra o Sestao, substituíndo no treito final a Diego Villares.
Disputou un total de 54 partidos en dúas tempadas co filial, sendo o máximo goleador do equipo en ambas ocasións, con 8 e 11 goles respectivamente. Para a tempada 2025/26 saíu cedido ao FC Cartagena, da Primeira Federación. No conxunto murciano disputou un total de 38 encontros, 29 deles como titular, e sumou tres goles.
No verán de 2026 regresou ao Deportivo da Coruña e acabou debutando na Primeira División na primeira xornada da tempada 2026/27 contra o Elche en Riazor, substituíndo na segunda metade a Aubameyang.
Selección española En novembro de 2022 foi convocado por primeira vez pola selección española sub-18 dirixida por Pablo Amo, coa que debutou o día 8 nun partido ante Suíza en Las Rozas. Cinco meses despois, en Soleura, no seu cuarto encontro internacional, marcou ante a propia Suíza o seu primeiro gol coa selección.
O 15 de novembro de 2023 debutou coa selección sub-19, xogando como titular ante Moldova nun partido de clasificación para a Eurocopa sub-19 disputado no estadio Mikheil Meskhi de Tbilisi, e marcou o cuarto dos cinco goles do seu equipo (5-0).
Palmarés Fabril Terceira División RFEF (1): 2022/23. Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira Federación e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFabril2022/233ª RFEF10----102023/242ª RFEF 26 8 ---- 2682024/252ª RFEF 26 10 --2 1 2811Total club531800215519Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF101021412024/25Segunda4000--40Total club50102181FC Cartagena2025/261ª RFEF36221--383Total carreira 94 20 314 2 10123
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 2005 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Cartagena