María Teresa Díaz Martínez, nada o 9 de outubro de 1961 en Cervantes, é unha fotógrafa e docente galega.

Traxectoria Marchou a vivir a Londres en 1989, onde cursou estudos de fotografía na Pimlico Arts & Media School, onde realizou a súa primeira exposición colectiva co proxecto InfelizCidade. En 1993 realizou outra exposición no Tearooms des Artistes xunto a outro fotógrafo londiniense.

En 1996, xa de volta en Galicia, realizou varias exposicións individuais no Café Cultural Auriense de Ourense e no Café Modus Vivendi en Santiago de Compostela, ademais dunha colectiva no Café Paraíso Perdido tamén en Santiago.

Traballou facendo a foto fixa de varios proxectos audiovisuais de Ignacio Vilar, como na curtametraxe Disonancias (1999), no documental A aldea: O antigo e o novo (2000), na rodaxe de Ilegal (2001) e na serie documental A vangarda histórica galega (2002) da produtora Vía Láctea Filmes.

No 2008 participou na mostra fotográfica Ourense en Pé de Foto, xunto a outros fotógrafos galegos.

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes