Jesús López Digón, nado no Freixo (Cereixedo, Cervantes) o 10 de marzo de 1913 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 26 de xullo de 1942, foi un traballador e militar galego.

Traxectoria Emigrou a Barcelona cos seus irmáns, onde casou con Pilar Prados. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu co bando leal. Regresou a Barcelona durante a guerra civil española para recoñecer o seu fillo, Jesús López Prados, antes de fuxir a Francia a comezos do 1939. Trasladado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen finou o 26 de xullo de 1942.

A súa irmá Vicenta López Digón e o seu fillo, Jesús Camuñas López, foron asasinados e enterrados nunha foxa común en Vilafranca do Bierzo en 1948 por colaborar coa guerrilla antifranquista.

Véxase tamén Outros artigos

Lista de galegos asasinados en Mauthausen

Ligazóns externas

Vítimas luguesas de Mauthausen

Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña