Khaled Al Khamissi ou Halid Hamisi (árabe: خالد الخميسى), nado o 27 de setembro do 1962 no Cairo, é un escritor, produtor e director expicio. Na actualidade, vive na súa cidade natal, onde traballa como xornalista. Al Khamissi é autor de dez novelas, traducidas a máis dunha ducia de linguas. Dende o 2015, é director xeral da biblioteca pública do Gran Cairo, en Zamalek.

Traxectoria Khaled Al Khamissi naceu no Cairo o 27 de setembro do 1962, fillo dun escritor que morreu cando Al Khamissi era aínda moi novo. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade do Cairo no 1984, e doutorouse en Política Estranxeira na Sorbona no 1987. Tras regresar a Exipto, traballou no Instituto Nacional de Estudos Sociais, e fundou a empresa de produción Nile Production Company, coa que escribiu numerosos guións de cinema. Tamén dirixiu a editorial Noussous, publicando a autores como Louis Awad ou Nasr Hamid Abu Zayd. Na actualidade, escribe artigos e análises críticas sobre política e sociedade para diversos xornais e semanarios do seu país.

Obra

Literatura As obras de Al Khassimi inscríbense no movemento do realismo social. Moitas delas están ambientadas en lugares tradicionais do Cairo, e describen aspectos da vida cotiá das clases populares, que lle permiten comentar temas sensibles do Exipto contemporáneo, como a política, a economía, a sanidade pública, a educación ou a emigración cara Europa. Neste sentido, varios dos seus libros analizan o fenómeno da Primavera Árabe.

Traducións

Taxi (2009). Tradución ao castelán de Alberto Canto García e Khaled Musa Sánchez. Editorial Almuzara. .

Cinematografía

Producións

Zaza w Gargir ("Zaza e Gargir", 2004-actualidade).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Khaled Al Khamissi (IMDb) Halid Hamisi (Biblioteca Nacional de España)

Categoría:Escritores de Exipto Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores en lingua árabe